Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alto camiño de Santiago

jueves, 11 de abril de 2024
Das lucentes cidades dende as torres,
contra os ceos tusiron escopetas,
guindando ao chan unha a unha as estrelas,
pra encheren os zurróns dos cazadores.

Ermo da luz fiquei e dos albores
que antes me bisbaban a noite enteira.
Borremos tales luces feiticeiras,
fonchos dicíannos gobernadores.

Só dende esta miña baldeira aldea
abraiar podo a esvelta noiva miña,
que dende o alto me fai chiscadelas.

Alba e firme beleza, dende arriba,
dende eses teus silentes resplandores,
en min de novo acende a fantasía.
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES