Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 12 de abril de 2024
Todo o meu universo latexa

Limítome a contemplar o meu universo: unha folla seca que cae dun carballo das Mestras, unha rula entrando nunha silveira, unha troita choutando sobre as augas claras do Arnoia, unha cegoña aterrando sobre o niño que ten no campanario da igrexa de Baños de Molgas, unha nube branca tirando a gris sobre o ceo molgués e unha parede de pedra na que vou deixar caer, con parsimonia, a miña conciencia.
Sentado xa sobre o musgo verde tirando a apardazado escoito o ruxerruxe da auga, Pingas de Orballoe o grallar dun gaio, e o ladrido dun can, e o berro dun veciño, e a música dun tocadiscos, e o ruído das cadeas dos bambáns do parque da Ansuíña, e o croar dunha ra, e o muxido dunha vaca, e o ornear dun burro, e o canto dun carro. Escoito os latexos do meu corazón.
Estou só e o silencio fíltrase por todos eses ruídos, así como estes rachan de cando en vez aquel. Todo con certa harmonía e cos meus parabéns. Porque, estando a gusto e ben, tal como estou, non hai nada que me desvíe do meu universo. Así, desta maneira, e tal como se adoita dicir, estou na gloria.
Na gloria mirando como asoma a cabeza dun lagarto, como pasa á velocidade de paxaro un vencello, como un bolboreta vai de flor en flor, como un bugallo se bambea noutra galla do mesmo carballo, como o ceo xa é todo azul, como o reloxo da igrexa marca as tantas e como a miña figura se alonga coa sombra da tardiña.
Deixo a parede e marcho, en silencio, cara á ese ruído da auga para cruzar o Arnoia pola pasarela das Mestras. Con ese ruído deixo de escoitar os latexos. Pero nótoos. Porque todo o meu universo latexa.

Polo paseo do río

Como pola mañá só puiden ler un periódico, non quedou outra que saír de novo para ler, polo menos, dous máis. Saín entón pola tarde e, efectivamente, lin dous máis. E porque a cafetaría non tiña máis -se exceptuamos os tres deportivos por excelencia-, que se os tivera tamén caerían. Os deportivos nin os cheiro pola simple razón de que o esencial xa asoma nas páxinas dos xerais.
Pingas de Orballo Logo de ler a prensa, e como tiña que coller dirección ó Posío e como na mochila que levo ó lombo levaba tamén un libro, baixei ata o río Barbañica (que na súa denominación orixinal seica é Río dos Muíños) e iniciei a lectura, andando, moi lentamente, polo paseo que percorre todo o regato (realmente non sei onde está a diferenza de río e regato; para min, o Barbañica é máis regato que río).
Ó mesmo tempo que lle prestaba atención ó que se contaba nas páxinas de Fortuna, do arxentino Herrán Díaz, aínda que afincado nos Estados Unidos, o ruído das augas do regato (ou río) facían de bálsamo ou de música de fondo do meu paseo. O ruído do mar e o ruído das augas dos ríos son coma bandas sonoras nas andainas peliculeiras.
Tamén de cando en vez ou bastante a miúdo, cruzábame con xente das que só vía algo así coma sombras, xa que eu non levantaba a vista para nada. Eu ía arrimadiño ás varandas dereitas do paseo e non necesitaba ningunha outra referencia para guiarme.
Xusto onde desemboca o Barbañica co Barbaña deixei de ler, coloquei os auriculares nos oídos, deille á música e seguín andando aínda máis alá do Posío.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES