Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 11 de abril de 2024
Unha estaca de Castiñeiro

Virei o caxato que me tiraron a traizón. Se non chego a cometer tal acción, ó mellor quedaba no sitio. Máis que caxato semellaba unha estaca. Unha estaca de castiñeiro. Non sei quen me pode querer tan mal. Non me importa que me rifen ou que me chamen a atención, pero que me tiren obxectos duros a traizón é algo que non asimilo moi ben.
Pingas de Orballo Intentei buscar ó causante do lanzamento e tan só atopei silencios e ausencias. Mesmo lles preguntei a veciños e amigos e non me souberon dar razón. Algún incluso deixou asomar un sorriso burlón. Seguro que pensaba que eu estaba a esaxerar. Enténdese que hoxe ninguén lanza estacas para facer mal. Hoxe úsanse pistolas ou granadas ou drons ou mísiles, armas de certa sofisticación.
Porén, eu tamén vou ó clásico: que me armo de fouciño por se me atopo de novo con ese malnacido. As pistolas son ruidosas e... para que chamar a atención? Tampouco o inimigo se quixo dar a descubrir; usou a estaca, que é máis silenciosa.
Percorrín os montes dos arredores por se o tipiño se escondera entre os toxos e codesos ou entre as xestas e silveiras. Mesmo cheguei a mirar na presa do Segundo por se se acochara entre as carrancoñas dos amieiros que dan ó río. Nada; por alí só escoitei o ruído das augas ó verter a presa, a vaira e algún que outro piar de paxaro. Todo o demais era silencio. E ausencias.
Non obstante, sigo contento por desviar o caxato que máis ben era estaca ou tranca que alguén me lanzou a traizón. Puiden quedar no sitio. Emporiso, aquí estou; podo contar o conto. Conteino.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES