Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agora é o momento

jueves, 11 de abril de 2024
Din que non hai mellor momento que o presente e penso que é verdade.
Cada xeración ten o seu único tempo presente e cada persoa tamén.
É o momento de tomar determinacións para enmendar certos erros que poidamos ver.
O pasado, pasado está cos seus acertos e cos seus fallos.
O futuro témolo que construír no único tempo que temos que é o presente.
NUNCA OS TEMPOS FORON DOADOS
Pero neste momento que nos toca vivir é sen lugar a dúbidas un momento de moitas oportunidades:
-Nunca tivemos tanto acceso ó coñecemento.
-Nunca disfrutamos de tanto benestar.
-Nunca contamos con tantos medios.
-Nunca pensamos que puideramos avanzar tanto como se avanzou.
-Nunca tivemos tantas frontes abertas a todo tipo de adiantos.
ESTA É A NOSA OPORTUNIDADE.
A oportunidade de construir un mundo no que melloren as relacións entre os humanos.
Para mellorar as relacións entre persoas, cada unha ten que ser consciente dos seus deberes.
Sen deberes non hai dereitos.
Todos temos deberes e dereitos.
Desde que somos concebidos, temos dereito á vida no seo dunha familia e nunha sociedade.
Esa familia ten o deber de darnos alimento corporal, espiritual e afectivo para que poidamos ir desenrolando os nosos talentos.
ESTA É A OPORTINIDADE DA FAMILIA: dar bos exemplos para deixar un bo legado ós que veñen detrás como xa fixeron outros que viñeron antes que nós.
A sociedade e os poderes públicos teñen o deber de facilitar a vida das persoas ofrecendo os servizos derivados dos impostos de todos.
Esta é a oprortunidade das persoas que rixen os destinos dos países.
NON SOMOS PERFECTOS
O ser humano é o máis perfecto da Creación; pero tamén é o que máis tempo precisa para evolucinar e ter autonomía propia e, aínda así, é imperfecto.
A familia non é perfecta; pero para cada persoa a súa familia é a mellor que ten.
A familia vennos dada.
Non a podemos elixir nin cambiar.
Hoxe en día hai moitos tipos e familias.
Seguramente que todas aspiran á mellor fórmula; pero a experiencia dinos que as familias con máis estabilidade son as que máior benestar proporcionan ós seus membros e á sociedade, tamén.
A FAMILIA É ALGO MOI SERIO
Dedicamos moito tempo a preparar un oficio ou unha profesión; pero para preparar unha familia...
¿Canto tempo lle dedicamos?.
Agora máis que nunca é o momento que necesitamos familias con principios, familias con valores.
-EDUCAR PARA A VIDA EN FAMILIA.
A familia esixe renuncias; pero ten as súas recompensas.
A vida en familia require:
-Coñecemento das outras persoas e as súas singularidades.
-Respecto cara ás outras persoas sexan do sexo que sexan.
-Cariño, tenrura e comprensión no trato non poden faltar.
-Fidelidade e confianza plena para que reine o amor.
-Rega-lo amor tódolos días para que non se murche.
-Responsabilidades compartidas.
TODOS PARA UN E UN PARA TODOS.
Agora é o mometo de comprender que se queremos ser valorados, respectados e amados temos que valorar, respectar e amar.
Valorar as persoas como irmáns porque todos procedemos da mesma fonte de vida.
Respectar ás persoas para que se sintan felices coas súas singularidades.
Amar ás persoas ata que teñen un lugar no noso corazón.
A AMISTADE COMO UN VALOR
As amistades son a familia que eliximos.
Desde pequeniños imos buscando amigos.
Para ter amigos cómpre cultiva-la amistade.
As boas amistades son un sostén para a nosa alma, necesitámolas.
Estamos no momento oportuno de cultivar as boas relacións.
"AS BOAS RELACIÓNS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES