Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A moitos chóvelle abondo

lunes, 08 de abril de 2024
En abril, augas mil. A verdade é que xa chega de chuvia. Esta cansa, aburre e molesta. Non é que chova así moito, moito, pero ó ser case todos os días xiringa bastante porque non deixa facer moita cousa, e hai que lembrar que estamos na época das sementes. Claro que, grazas á chuvia, Galicia é como é. Así é que... se chove, que chova.

A moitos chóvelle abondo. Ó Netanyahu ese, de máis. Por moito que agora destitúa a dous A moitos chóvelle abondocomandantes polo ataque que se realizou en Gaza a unha ONG do español José Andrés e no que morreron sete cooperantes, o mal xa se fixo. E por moito que se diga que non foi intencionado, nas guerras sempre sucede o mesmo: que, con intención ou sen intención, acaban pagando os máis inocentes.

Tamén lle chove, e moito, ós Estados Unidos de América (a verdade é que a estes sempre lles chove), que lle piden a ese mesmo Benjamin Netanyahu que non invada Rafah, pero, en segredo, seguen a enviarlle cazas e bombas. Así, cunha man acariñan a cara e coa outra parten a alma. Hai que ter mala conciencia!

A moitos chóvelle abondoÓ noso Luis Rubiales, ese personaxe que está sendo investigado polos catro puntos cardinais, tamén lle chove abondo. Cando confesa que o diñeiro das súas contas é produto do seu traballo e dos seus aforros. E, nós, de parviños, crémolo. Eu, traballando toda a vida e aforrando coma un can doente para non me chegar estes aforros nin á chatarra que teña el. Xa hai anos que denunciei os roubos e mafias das federacións deportivas (non só a de fútbol), porque tanto nestas como en calquera outras asociacións ou agrupacións ou sociedades ou entidades ou corporacións ou etcéteras que manexen cartos, moitos cartos, o ladroízo está á orde do día. Non hai nada máis cobizoso que os cartos!

Choveulle moito á senadora e alcaldesa de Mos, do PP, cando lle lanzou coma un lóstrego a un senador socialista o famoso anuncio televisivo de Stevie Wonder, "se bebes, non conduzas", en referencia a que, o socialista, pagou unha multa no 2011 por dar positivo nun control de alcoholemia. Tal acusación volveuse na súa contra tan axiña como se soubo que, a listiña, tres anos antes, tamén tivo que pagar unha multa polo mesmo motivo. Inocente, que es unha inocente!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES