Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 09 de abril de 2024
Curuxa Bonita!

Quedei en ridículo cando me vin e me viron colgando da agulla grande -a dos minutos- dun dos catro reloxos da igrexa de Baños de Molgas. Subira á pata coxa (de chulo) os cento e pico chanzos da escaleira que sobe ó ceo, digo ó campanario. Cheguei arriba rebentado. Normal. Apoiei entón a man dereita sobre unha das varandas que, co paso do tempo, estaba chea de ferruxe e cedeu tan subitamente que, sen chegar abaixo, Pingas de Orballosimplemente na simple saída, xa me vin estrullado no atrio de cemento.
Non sei como fixen (seguro que foi o medo ou a inercia), pero o caso é que me vin agarrado á agulla dos minutos. Deume tal zoupada o corazón que pensei que me rebentaba o peito. Non estralou, pero non tardei en notar a dor e a canseira na man dereita, que era da que estaba colgado. Nun amén botei tamén a man esquerda e foi aí cando a agulla rexeu e case se pode dicir que me encomendei a Deus. Eu, que xa non creo na relixión. Sempre crin, sempre creo e sempre crerei na miña nai, que foi o berro que deixei escapar cando notei que aquilo tiña moi mala pinta. Moi mala.
A xente xa se congregara no atrio e oíanse toda clase de laios e peticións. Sabían que nin tempo terían de achegar un colchón inchable. Por se valía de algo. Eu mesmo sabía que non valería de nada, precisamente por falta de tempo. Ante isto, que carallo, xa me deixei ir. O cemento achegábase á velocidade da caída e uns metros antes de rebentar contra o chan, vinme nas ás dunha curuxa que me levou a aterrar sobre as fincas da Pitediña. Pegueille tal abrazo á curuxa, que piou. Deille entón un bico no pico. Curuxa bonita! Ela emprendeu o voo e eu quedei sentado nun rego e tremendo de medo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES