Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Jesús Castro Vidal, Republicano de Honra 2024

miércoles, 10 de abril de 2024
Este vai, novamente, polo meu amigo Jesús. Un loitador pola liberdade que cómpre ter preto, moi preto para aprender todo o que transmite e expresa. A piques de completar 97 voltas ao sol é todo un referente para esa Sada que (en plena democracia)loitou e loita por esa liberdade roubada polo transfuguismo.

Jesús é un humanista sinxelo que procurou mudar a mundo actuando localmente. Por iso, dende Riobao (Sada) procurou sempre abrirlle camiño á liberdade. Primeiro dende unha ditadura que trouxo aquela guerra incivil na que Jesús perdeu ao seu irmán. Nese contexto soubo sacar adiante unha familia a base de traballo. Foi aquí onde se fixo polifacético, quizais sexa significativo que un dos seus primeiros traballos fora o de ferreiro xa que, dende aquela, non deixou de forxar a propia vida e a liberdade da que hoxe gozamos.

Moitas veces, pretenden que lle debamos a liberdade a palacio. Quen tenta pensar libre élle moi difícil tragar con esta roda de muíño sen atragoarse. Realmente, non hai por onde collela, sobre todo, cando se sabe que quen a difunde son os palmeiros oficiais do reino.

Os que temos claro isto sabemos porque honramos a xente como Jesús. É moi simple: son coma nós, son nosos e forman parte da vida traballada e loitada que imos virando día a día. Por iso, que Jesús sexa hoxe Republicano de Honra devólvenos a todos un anaco de xustiza e dignidade que a historia xa non será quen de expropiarnos. O día 13 de abril celebraremos a festa da liberdade cun dos seus enxeñeiros máis grandes. Un dos que forman parte dos imprescindibles de Bertolt Brecht.

Parabéns meu querido amigo Jesús.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES