Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (4)

martes, 09 de abril de 2024
I Concilio de Braga
¿Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (4)Estivo presente no primeiro concilio do reino suevo, convocado polo papa Juán III para poñer final á querela suscitada pola doutrina priscilianista.

Celebrouse no ano 561 (ou 563), e é coñecido como I Concilio de Braga. Martín contribuíu á condena doutrinal e moral do priscilianismo:

"...Non se limitou á restauración da disciplina clerical, das cerimonias litúrxicas e da ortodoxia nicena, aínda seriamente ameazada, en Galicia, pola persistencia tenaz da herexía priscilianista..."

Arcebispo de Braga
O bispo Lucrecio morreu no 569, e Martín foi proclamado novo metropolitano, pero seguiu conservando a dignidade episcopal de Dumio xa que os seus monxes e mailos fieis rogáronlle que non os deixase. A súa labor como arcebispo de Braga centrouse na predicación ao pobo, moi influído aínda polo priscilianismo e apegado ás prácticas relixiosas pagáns.
-.-

II Concilio de Braga
En xuño do ano 572 presidiu o II concilio de Braga, no que os bispos da Gallaecia, na ¿Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (4)presencia do rei suevo Miro, estableceron as liñas de actuación misional e de práctica litúrxica e moral desta igrexa particular.

Martín mandou engadir ás Actas unha recompilación metódica de oitenta e catro cánones tomados dos sínodos dos Padres orientais, postos en orde e reunidos polo propio Martín.

Martín de Braga, como sinalou San Isidoro, fundou, fora do de Dumio, varios mosteiros. Foron o Antonino, o Victorino, o Tabanense, o Bargense, o Magnetense, o Turricense, o Claudino, o Cabanense, e mailo Acerense, segundo unha carta dirixida por Drumario a Fontano, recollida por Francisco de Berganza en Antigüedades de España, citada po Amador de los Ríos.

Obra
Como escritor eclesiástico, e pese á súa curta obra, san Martín é unha figura de primeira orde. Tanto san Isidoro de Sevilla como san Gregorio de Tours considérano como o home letrado máis importante do seu tempo. Algúns dos rasgos do seu estilo son a frecuencia e aínda o abuso das disxuncións, o comparativo intensivo de carácter adverbial e certa tendencia á expresión do indicativo nas subordinadas, e o emprego de verbos compostos de prefixos; pero é, en palabras de Antonio Fontán, "aínda máis que Leandro, o último escritor da Antigüidade en España". O contemporáneo de Venancio Fortunato e de Gregorio de Tours, o prosista que elabora centóns senecanos, o poeta que fai algo parecido a Sidonio Apolinar e a Draconcio, é un home do mundo antigo en cuxo latín, por exemplo, non hai, nin na prosa nin en verso, errores de prosodia.​ Entre as súas obras de máis influencia, ademais do De correctione rusticorum, destaca a recompilación Sententiae Patrum Aegipteorum.

De correctione rusticorum
A petición de Polemio, bispo de Astorga, compuxo un sermón catequístico propio para as visitas pastorais dos bispos, segundo o tiña previsto o segundo concilio de Braga do 572, así que debe ser simultáneo ou posterior. É un manual práctico para o misioneiro, De correctione rusticorum ('rústico' non significa bárbaro ou incorrecto, senón popular y sinxelo), no que anima aos bispos e ao clero a evanxelizar e purificar a relixiosidade do pobo suevo.

O tratado expón de maneira sinxela as supersticións principais do pobo suevo e a súa orixe: condena a idolatría, a adiviñación, os augurios e maila bruxería; tamén insta a que os días da semana deixen de dedicarse aos deuses romanos -día de Marte, de Mercurio, de Xúpiter, de Venus e de Saturno- e pasen a chamarse pola nomenclatura litúrxica cristiá, costume que se mantén en portugués, onde os días da semanas noméanse co termo litúrxico de feira.

Segundo Antonio Fontán, as fontes desta obra e dos escritos ascéticos son: Casiano, un monxe semipelaxiano de Marsella, e Cesáreo de Arlés, combinados con gotas de Agustín e de Jerónimo. Desde outro punto de vista pode considerarse o primeiro dos escritos sobre folclore español; fálase dos que veneran as couzas e as ratas, posible vestixio dos dies tinearum et murium, observan o voo das aves, acenden cirios ás pedras, ás árbores, ás fontes e ás encrucilladas, observan as calendas, botan no fogo a ofrenda sobre o tronco e poñen viño e pan nas fontes; das mulleres que invocan a Minerva ao tecer a súa tea e encantan a herba con maleficios, dos que observan a adiviñación e os oráculos dos espirros, as fórmulas máxicas sobre as colleitas, etcétera.
Desta obra consérvanse doce códices, un deles no Arquivo da Catedral de Toledo, que o utilizou o padre Enrique Flórez en 1759, e disponse agora dunha edición crítica bilingüe de 1997.

Sententiae Patrum Aegipteorum
A recompilación Sententiae Patrum Aegipteorum, cento dez regras ascéticas tomadas da tradición monástica oriental en tradución directa das súas fontes, que formarán unha das bases do desenrolo do monacato hispánico.

Formula vitae honestae
Foi escrita a petición do rei Miro (570-583) sobre o ano 570. Trátase dun compendio de ética natural fundado nas catro virtudes cardinais de Platón: Prudentia, Magnanimitas, (fortitudo), Continentia (temperantia) e Iustitia; é unha obra dirixida preferentemente aos laicos. Todo o desenrolo do tema e o contido das máximas, de redacción concisa e sentenciosa, é senequista. Hoxe acéptase a teoría de Ernst Bickel segundo a cal nesta obriña consérvase a substancia do escrito, xa perdido, do De officiis de Séneca. Nesta obra demostra no só ser un gran coñecedor da patrística oriental e occidental -san Ireneo de Lyon, san Clermente de Alejandría, Orígenes, San Jerónimo ou San Agustín de Hipona- senón, e tamén, dos clásicos estoicos romanos, especialmente Marco Aurelio e Séneca, ata tal punto que a obra foi tida na Idade Media como do propio Séneca.

Outras obras súas
Tamén ao rei Miro lle dedica as súas obras Pro repellenda iactantia, De superbia, e Exhortatio humilitatis, que formaban un todo orixinalmente; aquí o contido xa no é estoico, senón xenuinamente cristián, cheo de copiosas citas das Escrituras, marcado polo modelo da Institutio caenobiorum de Casiano. Outras obras súas son Epistola ad Bonifacium episcopum, De trina mersione, sobre a liturxia do bautiso; De ira, tratado de carácter estoico cristián, dedicado a Vitimiro, bispo de Ourense; e unha importante literatura epistolar e de sermóms, lamentablemente perdida. Escribiu tamén uns poucos versos: cinco dísticos In refectorio para o de Dumio, que son unha refundición de Sidonio Apolinar; 22 hexámetros In basilica en honor de San Martín de Tours, para a basílica de Braga, e un Epitaphium de seis hexámetros para o seu propio sepulcro.
Na segunda metade do século VI, realiza a colección de cánones que leva o seu nome: Capitula Martini, unha compilación de cánones de concilios africanos, orientais e españois. Atribúeselle tamén unha refundición dun tratado De pascha de procedencia incerta, sobre a maneira de fixar o día da Pascua.
...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES