Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Apaixoados

miércoles, 03 de abril de 2024
Entre os efectos do Covid que nos invadiu o idus de marzo de hai catro anos, máis duradeiro incluso que o que os menos afortunados seguen a sufrir, está a convicción do "primun vivere" (primeiro vivir, e despois pararse a pensar), que aplicamos co "carpe diem", aproveitando as cousas boas do presente, xa que o tempo que ven a saber se permitirá facelo. Así, temos superado unha semana de paixón sen mais frustracións ca o tempo e a carteira, dous dos puntos sensibles do noso lecer.

A recuperación do turismo despois da pandemia desatou un auténtico furor por ver mundo, viaxar, e disfrutar das delicias gastronómicas do contorno, onde moitos restaurantes teñen que establecer dous turnos para dar atendido aos clientes en días máis ou menos sinalados.

Vimos de vivir un especial tempo apaixoado que se o coñeciamos como "Semana de Paixón" polos sufrimentos do Crucificado no remate da súa vida, o sentemento que agora nos enfebrece pouco ten que ver co que se conmemora e se recrea, aínda que sexa un elemento vital para desatar esta humana paixón, que non se presta a filosofar, e ten o disfrute como fin.

A paixón dos máis afortunados dura dez días -venres de dores a luns de pascua- que permiten distanciarse milleiros de kilómetros. Ven logo a dos que poden dedicarlle ao lecer unha semana completa, e por fin os que lles dura unha longa fin de semana, e no peor dos casos un par de xornadas festivas.

Sumando todas esas paixóns -que moven a moitos millóns de persoas- aínda quedan os que sofren á vez que disfrutan dunha Paixón con maiúscula que, por crenzas ou traballo, mantén en pé a fe, os servizos e a economía dun país. Apaixoados en firme. Bendita Paixón.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES