Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 03 de abril de 2024
Chove sobre o meu universo

Chove fóra, sobre ese silencio no que empeza a aboiar o ruído. Chove sobre a misericordia dun mal conto e sobre o réquiem dunha fin que tiña que chegar. Todo ten a súa fin. Todo. Porque todo ten o seu principio. Todo. A pinga de auga sae da nube e remata na terra. A pinga de orballo asoma dun sentimento para rematar enleada sobre as sabas dun leito.
Pingas de OrballoChove sobre o tema de amor de Blade Runner e sobre un fotograma dun filme de Sergio Leone. Chove sobre o meu pelo branco e sobre a nostalxia dun tempo no que o asubío do ruído se mesturaba co berro do silencio. Porque se pode berrar en silencio. Porque se pode estar en silencio dentro do barullo. As pingas de auga caen sobre unha esperanza chea de desexos e as de orballo eslúen, disolven, desfán o bafo dun espello. Chove na ducha dos anhelos.
Chove cando a ansia queda preñada dun soño para parir unha realidade, quizais efémera, pero real. Chove en calquera fase da lúa, aínda que eu só me transformo na vella. Son o home lobo dunha presunta novela. Chove escoitando a Mozart, e a Melendi, e a Presley, e a Sabina, e a Morricone, e o bater das pingas que caen sobre o asfalto mollado. Chove sobre a miña ilusión intacta.
Chove a calquera hora do día e o chan carga coa culpa dunhas bágoas que proceden dun soño mal soñado, dun conto mal contado, dunha cobiza prohibitiva e dunha ansiedade que non consegue endereitar unhas palabras mal escritas. Chove, unhas veces ó poucos e, por veces, con ganas sobre o meu propio universo. Chove de memoria e sobre a memoria dos meus pensamentos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES