Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (13)

martes, 09 de abril de 2024
XIII. Parroquia: Toirán, San Salvador de.
Accédese a ambas as dúas cruces por unha estrada local, que arrinca da CP-2704.

1. Cruz de entrada ao Adro-Cemiterio.
Coordenadas U.T.M. X: 635.300 Y: 4.750.233.
Está situada por riba da porta de entrada ao adro cemiterio. Trátase dunha cruz metálica, latina, que ten como soporte unha estrutura de cantería ovalada. Está decorada con diversidade de molduras e de elementos xeométricos. Os extremos dos brazos transversais e do extremo superior do lonxitudinal tentan imitar unha forma de cruz trevoada.

2. Cruces de Mármore.
Coordenadas U.T.M. X: 635. 309 Y: 4.750.218.
No adro-cemiteriohai tres cruces de mármore, latinas e de mediadas dimensión, que están adheridas aos muros dos nichos. Foron colocadas hai uns 25 anos coa finalidade de ornamentar o cemiterio, aproveitando uns restos de mármore, que quedaron, logo de acondicionar con pequenas cruces de marmóreas tumbas do cemiterio.

3. Esmoleiro da Virxe do Rosario.
Coordenadas U.T.M. X: 634.720 Y:4.751.66
Está situado na porta lateral sur da 'Capela do Rosario', situada entre as comunidades de Gradin e Ribeira. Amosa unha abertura cuadrangular pola que os devotos introducen esmolas no interior da capela. Por riba do esmoleiro hai o relevo dunha figura humana moi rústica, que mostra os seus brazos abertos. "En la puerta lateral sur limosnero y relieve de tosca figura humana con los brazos abiertos y una inscripción". (1)

NOTA:
1. VALIÑA SAMPEDRO, Elías.: Inventario Artístico de Lugo y su Provincia, Madrid: Ministerio de Cultura. Dirección general de Bellas Artes y Archivos. T. VI. 1983, páxs. 107-108.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES