Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 02 de abril de 2024
Tirar a toalla

Tirei a toalla. Así de rápido e de sinxelo. E tireina sen remordementos. Ás veces hai que saber recuar, cear, retroceder. Non sempre se pode tirar para adiante. Recuei e non me importa confesalo. Non teño por que ser sempre o heroe de todas as imposibilidades. Imposible: que non pode darse, que non pode facerse. E por moito que se diga que non hai nada imposible, si o hai.
Pingas de OrballoTirei a toalla e aquí sigo. Ó mellor mañá sopeso ou estudo o asunto de seguir na mesma liña de sempre, a de vencer todas as imposibilidades que se me poñan por diante. A de hoxe tiven que deixala, pero a esperanza nunca a perdo. Tirar a toalla de cando en vez non é vergonza ningunha. O que pasa é que adoitamos ir un pouco máis alá das nosas posibilidades e tan só polo ego; creo. Gusta chamar a atención e sacar peito.
Si, ten o seu mérito tirar a toalla, saber cando se tira e confesalo. Non é doado. Pero cando non se pode, non se pode. Sei que, por veces, é porque non o intentamos demasiado, non o intentamos con forza, con auténtica ansia, con auténtico desexo. Toda imposibilidade precisa dun esforzo extra. Porén, nin así, nin con estas. A solución: a da primeira frase, a do famoso dito: tirar a toalla. Tamén deixar o campo aberto, ou meterse debaixo da mesa, ou pedir papas, ou darse por morto, por vencido.
Tirei a toalla e, por suposto, non esperaba ovacións, nin ánimos, nin azos; tiven que aguantar xestos incrédulos e olladas baixas ou de esguello. Agora que, recuei con orgullo, sen vergonza e planeando xa a aventura doutras imposibilidades. Porque, iso si, aínda que hoxe tirara a toalla, mañá será outro día.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES