Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O fútbol cheira a podre

lunes, 01 de abril de 2024
E o fétido arrecendo provén da Real Federación Española sen que ata o de agora ninguén fose quen de lle facer unha limpeza a fondo. Aquel bico roubado polo que fora cabeza visible desa cova de Alibabá chamada Real Federación, cousa nimia en comparanza co que se pode extraer dos sotos de dita entidade, asuntos tan O fútbol cheira a podreescandalosos capaces de poñeren patas arriba ao fútbol deste país chamado España. E o cheirume chegou nidio as nosas pituitarias cando a Garda Civil irrompeu na sede da Federación a rexistrar papeis que puidesen descubriren fraudes e ilegalidades varias co resultado de cinco detidos que poden ser sete porque hai orde de detención para Rubiales que leva meses na República Dominicana e non precisamente en tempo de folganza xunto a un amigo ex futbolista. Nada máis poñan pe no aeroporto de volta a casa serán detidos pola Garda Civil. Investíganse casos de contratos e comisións ilegais, cousa da que xa ía sendo hora. A saber o lixo que sairá de aí.

Todo isto debera levarnos a reflexionar sobre as mans nas que está o fútbol e se paga a pena seguirmos comungando con rodas de muíño como por exemplo esa de levar perante un período de seis anos a Súper Copa de España a Arabia Saudita, pais como sabemos paladín na defensa dos dereitos humanos, malia que iso ben pouco importa diante do cheiro a diñeiro ao que van algúns lanzados como moscas á bosteira, non só futbolistas eh! E aí foi o Piqué ex xogador do Barcelona e agora dedicado aos seus negocios que malia non pertencer á Federación, algo tería que dicir ao ser intermediario nese fraude que se montaron para que a final a catro a xoguen sempre en Riad con importantes comisións a cambio, claro tomando á afección como puros babecos. El e Rubiales son os promotores da nova versión de pan e circo na que sempre se moveu o fútbol: a parte grande do molete do pan para eles, claro, e o circo para que, sentados nas bancadas ou fronte a pantalla do televisor e dabondo entretidos, non reparemos moito nos fraudes e enganos varios aos que nos someten esta xente sen escrúpulos.

E un pensa se a condición do ser humano baséase na ambición desmedida empregando neste empeño todos os truques ao alcance da man, incluídos o engano e a total falta de ética. Todo cómprase e véndese e para estes negocios sobran os escrúpulos.

España, xunto con Marrocos e Portugal van organizar o mundial de 2030. En Riazor din que van abordar unha remodelación do estadio que vai rondar os noventa millóns de euros. Para que? Para ampliar a capacidade a 40.000 persoas? O sentido común dinos que... que é o que nos di? Pensémolo.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES