Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O meu credo

miércoles, 03 de abril de 2024
Creo en Deus, dono da vida,
que brinca nas nosas leiras,
no mar, nas chousas, nas rías,
nos montes, nas carballeiras.

Hoxe escribo ceibe porque me sei acompañado do meu Bernardo que nos deixou, na voz de Mini, Mero e a Quenlla un credo galego. Unha emoción que nos percorre en autoestima para erguernos perennemente ao futuro. Bernardo, foi moitas cousas na vida. Entre elas un promotor de desenvolvemento local. Así se pode denominar quen loita a pé de rúa para que o seu pobo mellore. Isto facía "o cura do muelle" en Ferrol. Procurar mellorar vidas sen prexuízos.

Creo no Cristo que vive,
naquel que deixa suores
na oficina, nos talleres,
nas redes e nos tractores.
Vive na fe de quen loita
pra que a Terra Nai cobixe
na paz a tódolos fillos,
sen que ninguén teña que irse.

O que facía, non o publicaba ningún xornal nin era recitado por adulóns falabaratos pero ficaba no corazón do mesmo pobo co que el sufría. Bernardo daba a cara e era pobo en solidariedade perpetua cos que o necesitaban.

Tendo en min este fondo exemplo non podo crer nos mesías de plasma e palacio porque eu teño mesías sinxelos, de carne e óso como o meu Bernardo, que me ensinaron a facer vida man a man.

Ensináronme que
COA FORZA DO NOSO POBO
HOXE PROCLAMO O MEU CREDO:
"QUERO SER UN HOME NOVO,
PORQUE EU RENAZO GALEGO"

Quen cre na solidariedade non esixe vasalos nin venias. Por iso prefiro a Bernardo e non a mesías de plasma que sen dicir nada póñense en boca de todos cando lles interesa.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES