Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A borrasca Nelson e a relixión

lunes, 01 de abril de 2024
É certo que o mal tempo trastornou moito a Semana Santa; máis no aspecto relixioso que no turístico. No relixioso, houbo sitios nos que mesmo houbo que suspender procesións. No turístico, as previsións foron as que se esperaban, malia á borrasca Nelson. Como lle oín pola televisión a algún turista do sur: que o mal tempo, para eles, A borrasca Nelson e a relixiónera bo, que máis ou menos era o que buscaban, que as altas temperaturas xa lles chegaba no resto do ano. Dunha forma ou doutra, todos contentos.

Salientar tamén que o mal tempo repercutiu nas pallasadas dalgúns. Pallasadas que sempre, sempre traen desgrazas. Falo desas catro mortes que se cobrou o mar en Asturias e Tarragona a causa desas parvadas que se cometen ou ben por autorretratos ou ben por chulería ou ben porque a min nunca me pasará... ata que pasa. Sempre pecamos da mesma insensatez cando o mar está máis que revolto. Nada, simplemente que obviamos o perigo. Pero agora, por esas insensateces, por esas pallasadas quedan catro familias rotas e desconsoladas. Somos tan parvos que nunca lles facemos caso nin as previsións atmosféricas nin ós avisos que nos adoitan soltar.

Como o asunto vai de mal tempo e relixión, vou seguir con esta, cunha nova que xa aconteceu hai un tempo, pero que me segue a furgar por dentro. O xa ex presidente A borrasca Nelson e a relixiónda Conferencia Episcopal Española despediuse do seu cargo invocando a que se deixara o pasado en man de Deus. Coma se Deus arranxase o dos abusos. Coma se Deus fose o que cometera os abusos. A Igrexa fai exactamente igual que as dereitas cando a alguén se lle dá por falar da memoria histórica, que para que remover ou remexer no pasado? Non vaia ser que lles caia a cara de vergonza.

A relixión era a que, antigamente, dominaba o 19 de marzo con respecto á celebración do san Xosé. Era o día do santo ese. Agora hai que recoñecer que perderon a batalla ante os grandes comercios, que de santo pasou ó Día do Pai. Tanto é así que, estes, é dicir, comerciantes e hostaleiros piden un domingo para este día, para que as ventas non caian entre un 30 e un 80%. Aquí é onde se aprecia que o de ser pai é unha carallada, que o que importa é o negocio. Sempre dixen que os Días de tal e cal son produtos do Corte Inglés, ou sexa, dos grandes centros comerciais. Nin relixión, nin paternidade, nin rabo de gaitas. A mercar agasallos, e todos contentos!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES