Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ai dos mornos!

viernes, 22 de marzo de 2024
Deixoume marcado hai moito tempo unha frase do libro da Apocalipse: "Coñezo as túas obras: non eres frio nin quente. Por iso, porque eres morno (tibio) vomitareite da miña boca".

Eu sempre pensei que había que fuxir dos extremos, e situarse nun punto preto do centro, porque por alí debía andar a virtude da normalidade, do equilibrio, ainda que agora parece que un dos extremos é quen marca as reglas do xogo.

Morno resulta ser lixeiramente quente, entre o frio e a calor, pero en sentido figurado tamén pode ser levedade e mesmo falta de enerxía ou ambigüidade.

Sempre penso que son morno en canto ao idioma, pretendendo equidistarme entre os que se sitúan no castelán e non apean del e os que utilizan o galego sexa cal fose o idioma da persoa que teñen diante. Eu chego a un sitio e falo galego. Se me contestan en castelán, é moi probable que pase ao castelán, e se me contestan en galego xa sei que estou na casa. Esto, para o libro da Apocalipse non vale. Tampouco vale para os que, nativos ou conversos do idioma, consideran que hai que facer patria en todo momento e lugar, (As que me van caer por isto, van ser unhas cantas, pero xa estou afeito a recibilas especialmente nestes tempos revoltos). Porque algúns deses tan firmes no idioma, hai cincuenta anos, falaban castelán porque era máis fino.

Pero a min de pequeño educáronme así, a ser morno, nin frio extremo nin cálidamente excesivo, porque en Vilalba daquela non leran o libro da Apocalipse.

O que si me amola é chegar a calquera lugar e dicir "Son Xulio", e que me respondan: "Ay, si, Julio". Co do nome son moito máis respectuosos os de fora ca moitos galegos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES