Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O santo advenimento

viernes, 27 de marzo de 2009
En tempos, nas escolas e catecismos proporcionábannos unha formación global que tanto se refería ós temas xeográficos máis lonxanos, como ás referencias históricas peregrinas, pasando por pintoresquismos e misterios indescifrables.

Entre eses insondables aspectos da nosa formación estaba o tema do “Santo advenimento”, que era algo polo que se agardaba coa ilusión propia do tempo, e que tanto podía significar a iluminación que o Espíritu Santo prestaba ó Colexio cardenalicio en momentos sinalados como a chegada do tempo cuaresmal que nos movía a especial piedade e recollemento.

Agora todos estamos a agardar por ese “advenimento” político que nos vai chegar coincidindo coa Semana Santa e do que se agarda modifique sustancialmente a nosa forma de vivir e, sobre todo, o inmediato futuro.

Os que se retiran da primeira escena política ou os que van entrar consideran que os tempos son chegados. Os que agardan por convocatorias subvencionais esperan unha inmediata publicación para que non se retrase o que sempre se retrasa. Os que opositan agardan que non se paralicen os procesos en marcha e se convoquen outros novos. Esto, precisamente, da lugar a unha trifulta entre a Consellería de Presidencia da Xunta e algúns sindicatos como Comisións Obreiras e CSIF que consideran que se está perdendo o tempo agardando polos novos gobernantes galegos.

O tempo, que todo o soluciona, vainos traer o advenimento político no prazo dun par de semanas para que todo comece de novo agora que a sensación de remate dun ciclo témola metida ata o máis profundo dos nosos ósos.

O advenimento que vai chegar non é santo nin ten porque selo. Nin santificará a ninguén. Pero vainos dar caña abonda para que notemos que este País está vivo e quere vivir intensamente.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES