Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

É ben certo

jueves, 21 de marzo de 2024
Cando os datos do Centro de Investigación Siciológica falan, temos que facerlles caso aínda que nos resulte chocante.
É un organismo público adscrito ó ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes que ten como fin o estudio científico da sociedade española.
Pois si.
FAI POUCO QUE DEU A NOTICIA DE QUE A PRINCIPAL CAUSA DE MORTE NA ADOLESCENCIA É O SUICIDIO.
Pode parecernos chocante porque hoxe en día vívese moitísimo mellor que fai cincuenta ou sesenta anos.
Ou eso nos parece...
Fai cincuenta ou sesenta anos, tiñamos tantísimas necesidades...
Hoxe en día o máis pobre ten moitas máis cousas que o máis rico daqueles tempos.
Os nosos maiores así o confirman:
- Non queren que volvan aqueles tempos porque había moita estreitura.
- Ó mesmo tempo confesan que eran felices co pouco que tiñan.
- Tamén din que os de agora deberían pasar uns meses como vivían na infancia os seus avós para que experimentaran en carne propia o que é pasar necesidade.
¿QUÉ LLE FALTA HOXE EN DÍA Á ADOLESCENCIA?
Posiblemente lle falten moitas máis cousas das que nos imaxinamos:
- Unha familia como é debido na que reine a unión.
- Unha familia na que se comparta todo e non haxa separación de bens nin de funcións.
- Unha familia estable que se xure amor para toda a vida.
- Unha familia na que reine a fidelidade, ante todo.
- Unha familia que saiba perdoarse mutuamente.
- Unha familia para toda a vida.
- Unha familia que comparta canto máis tempo e vivencias, mellor.
- Unha familia con valores morais.
- Un fogar: non unha fonda.
¡PERO SE LLE DÁMOS TODO O MELLOR QUE PODEMOS PARA QUE NON LLE FALTE DE NADA!-dirán algúns.
- Dámoslles roupa e calzado de marca porque eso é o que está de moda.
- Poñémoslles unha maquinita na man, desde bebés; para que estean entretidos e nos deixen tranquilos.
- Levámolos á gardeiría canto antes para poder traballar fóra da casa, esperando que nolos eduque o mundo.
- Mandámolos a multitude de actividades porque non estamos na casa para atendelos.
-O teléfono móbil que non lles falte desde idade moi temperá para que poidan chamar se necesitan algo.
- Mandámolos sacar o carné de moto para comprarlles unha en canto cumpran os 16 anos.
- Premiámolos cando estudian como se non fora o seu deber.
- Se se portan mal, e chegan queixas do colexio, a culpa é do profesorado que non os entende.
- Á hora de ofrecerlle unha formación moral e relixiosa, dise que xa elixirá cando sea maior.
- Á hora de poñerlle o traxe dun equipo de fútbol, pónselle ó pouco de nacer e non se lle pide opinión.
En resume: dáselles moitas cosas, pero non se lles ofrece unha educación integral que abarque as súas necesidades psicolóxicas, afectivas e espirituais, ademais das físicas.
¿QUE NON SE LLE DÁ E DEBÍA DÁRSELLE Á ADOLESCENCIA?
- Non se lle dedica tempo para explicarlle o proceso natural polo que está pasando.
- Non se lle dá exemplo de familia unida.
- Non se lle ensina a comportase no colexio nin coas persoas maiores.
- Ignórase a formación moral e relixiosa.
- Pónselle un preservativo na mochila por si acaso, e a eso, chámaselle: educación sexual.
- Non se cumpre cos deberes cristiáns no caso das familias que se confesan crentes.
- Non se educa para amar o seu propio corpo nin o dos outros.
- No se lle ensina a amar a Deus nin ó próximo.
- Non se lle ensina o respecto pola vida.
- Non se lle ensinan límites: ancha é Castela...
¿QUE SE PODE ESPERAR DUHA XENTE NOVA SEN VALORES?
- Que non se sinta feliz.
- Que non valore a familia.
- Que viva enganchada ás redes sociais.
- Que viva nunha nube artificial.
- Que non valore o esforzo, o sacrifico, a renuncia para chegar a algo.
- Que pense que todo vale.
- Que ocasione moitos disgustos á familia.
- Que non teña autonomía para gobernar a súa a propia vida.
- Que sexa unha carga para a sociedade, etc.
Pero, así e todo, a xente nova ten unha valia incalculable.
"VALÍA INCALCULABLE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES