Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (10)

martes, 19 de marzo de 2024
IX. Parroquia: Neira de Cabaleiros, Santa María Madanela.
1. Cruceiro da "Casa da Ponte"

Coordenadas U.T.M. X: 629.872 Y: 4.741.006
Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (10)
Esta manifestación artística pertence a "Casa da Ponte" ou "Casa do Potaxo". Foi construido na lembranza do dono desa casa, que se chamaba Francisco. Na actualidade, os seus propietarios son os seus fillos, Ana e Xosé. Trátase dun cruceiro sinxelo, carente de ornamentación, que está situado no interior dunha propiedade privada e ao carón dunha pista local, que comunica o lugar onde se encontra esta manifestación artística con outros colindantes. Amosa unha serie de elementos artísticos, colocados nunha orde ascendente da seguinte maneira: Unha plataforma de dous chanzos, graníticos, que adoptan unha forma paralelepípeda cuadrangular; o chanzo superior, mostra as arestas superiores redondeadas. Esta serve de apoio a unha base cúbica, monolítica, que mostra as arestas superiores biseladas. Sobre esta erguese un fuste monolitico, de sección cuadrangular nos seus extremos e coas arestas rebaixadas no resto. Este serve de soporte a un capitel, que amosa dúas partes: a inferior, presenta unha molduración cóncava, a xeito de caveto; a superior, pola contra, mostra unha pequena estrutura paralelepípeda. O cume do cruceiro remata nunha pequena cruz latina, sen efixies, que mostra unha sección oitavada en ambos os dous brazos, que presentan nos seus remates unha forma de cruz florenzada.

X. Parroquia: Oleiros, San Martiño de.
1. Cruz do Adro da Igrexa.

Coordenadas U.T.M. X: 631.173 Y: 4.745.022.

Se accede a través de estradas locais que parten da CP-2703, e da CP-5701. Unicamente se conserva unha cruz por riba do muro, que separa o adro da igrexa do exterior, e moi cerca da entrada ao recinto sacro. Esta cruz amosa as seguintes peculiaridades: é unha cruz latina; o brazo lonxitudinal arrinca directamente do muro, e os extremos do brazo transversal e da cabeceira posúen unha sección cuadrangular e oitavada no resto; ademais, os extremos tanto do brazo transversal como da cabeceira amosan un tipo de cruz florenzada. É moi probable que sexa un resto dun antiguo Viacrucis.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES