Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 19 de marzo de 2024
A luz

Aí está. A luz. Acaba de saír da escuridade. Brilla. Brilla tanto que non son capaz de mirala de fronte. Por se me cega. Tampouco lle toco; por se me queima. Brilla e... con iso chega.
A verdade é que a escuridade poucas veces é bonita; e moitas, un encordio. Andar ás escuras é como estar mortos en vida. A luz é vida. A luz ilumina as ansias de vivir. Pingas de Orballo
Saíu da escuridade e brilláronme os ollos. Seguro que foi polo seu resplandor. Por iso non a mirei de fronte. Pouco a pouco acostumei as pupilas ó seu fulgor, á súa refulxencia. A luz é o brillo do espírito, o latexo da esperanza a chamada do anhelo e o berro do desexo.
A luz é coma a auga no deserto e coma un agarimo nun pesadelo; é coma un poema no medio dunha novela ou como un tema de jazz nun LP de rock and roll. A luz é o bypass ou o marcapasos da existencia. A luz é ese espello que a reflicte, é ese sorriso que se abre e se amosa para alegrar o día.
Saíu da escuridade e brillou. Foi como unha bomba que rebentou en todas as cores do arco da vella. E fíxose luz na contorna, e naceu a vida ó instante, e bailou entre as sombras dunha nube branca, e abarcou, cinguiu, toda inmaculada, o lugar no que me atopaba.
A luz venceu á escuridade e bailaron sobre os pensamentos aqueles momentos nos que nada brillaba, nos que todo era negrura e silencio. Agora... agora brillan os ollos con tanta claridade e o silencio colle de ganchete ó ruído para vencer xuntos á penumbra.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES