Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 15 de marzo de 2024
O Único

Esperei a que todo pasara e... nada pasou. Nada pasa. Nada hai en movemento. O silencio é o rei do momento. Todo está quieto, calmo, quedo. Nin tan sequera se move o aire dun asubío. Nin a nube negra que está soa no ceo. Nada se move.
Non queda outra que seguir esperando. Espero tranquilo, pero con ansia. Espero coma un mimo e ninguén pasa. Espero a que corran os minutos e nin tan sequera avanza a agulla dos segundos. O silencio é o rei do instante.
Pingas de Orballo Intúo que estou só neste mundo. Só e co silencio. Só e cos pensamentos. Só e coas ansias. Só e cos desexos. Lembro que podo berrar e... berro. Berro cun berro seco. Berro cun berro que esgaza o silencio. Berro cun berro que me manca no peito. Berro para que apareza alguén, algo. E nada aparece. Ó deixar de berrar volve o silencio.
Barrunto ou presinto que xa nada vai cambiar. Que todo seguirá igual. Por moito que berre e por moito que espere. Definitivamente, son o verso solto do meu propio universo. Son o asubío que non mete ruído e a ollada que mira pero non ve. Porque nada hai que ver.
Busco por entre os toxos da memoria e polas carreiras da nostalxia. Nada encontro porque nada hai. Nin rulas que aniñan, nin tartarugas que corren, nin lobos que oulean, nin sentimentos que marean. Definitivamente, son o único habitante do planeta.
Deixo, entón, de esperar e acomodo a miña vida a un tempo que xa me dá igual que exista ou non exista, que pase ou non pase. Estou só e son único que berra e soña, que ri e chora, que vai e vén. Acompañado, iso si, do silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES