Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adultos Disney

miércoles, 20 de marzo de 2024
Gerardo TC fala de adultos Disney para definir aqueles que tan só ven referencias na caixa tonta. Sacralizan a calquer deportista e fanlle os ecos a toda información que pasa por eles sen cuestionala. Non hai vida mais alá do plasma que exerce de xuiz supremo que ascende aos ceos ou descende aos infernos a quen lle peta. Crer neste xuiz supón non ter que pensar: Todo vén masticado e só hai que seguir a liña argumental.

Esta é a misión principal dos medios de comunicación de masas: promover un pensamento único coherente coas necesidades da elite económica que tamén querer controlar a parte política e social.

O que queren eles está moi claro, para iso xeneranadormecedores a través do deporte ou desa calidade promotora de ecos. O que non está tan claro é o que queremos nós: podémonos quedar coa verdade oficial, ser adultos Disney e cantar as virtudes do "señor", pero tamén podemos pensar por nós mesmos, despoxarnos de Disney e contar a realidade que vemos, incidindo nas diverxencias con aquela que nos debuxan os medios de comunicación.

Hai moitas persoas valentes que se atreven a erguer a voz pero isto implica renunciar á comodidade de vivir na fantasía canónica que nos ofrece. O mundo Disney sempre foi mais fácil.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES