Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volver a empezar

martes, 12 de marzo de 2024
Debeu de ser a finais dos setenta, morto o dictador, que os rapaces de esquerdas -PC especialmente, e nacionalistas- clamaban publicamente por "Libertad, amnistía y estatuto de autonomía". Pouco antes, un rapaz lucense fora expulsado da Universidade por andar colocando nos escaparates pegatinas aque proclamaban "Viva Galicia ceibe e socialista".

Poñamos que a liberdade veu coa constitución de 1978, a autonomía co Estatuto de 1981, e logo pasamos corenta anos- habería indultos, perdóns e todo o que procedese para regularizar a situación- sen que a palabra amnistía nos conmovese.

Superamos o comezo de século temendo a revolucion dos ordenadores, o 2012 dos Mayas que pasamos sen pena nin gloria, mesmo o Covid do 2019 que a nós chegounos o 20, e eso si que foi unha traxedia, pero ninguén nos avisou de que a década dos vinte ía ser tan problemática.

Non se pide agora, coma hai case medio século, a amnistía porque os galegos non temos globalmente delitos que penar, aínda que se se concede imos pagala por activa ou por pasiva. Nós teríamos que andar pedindo amnistía xeral -exención, mellor- das penas que sufrimos e sufriremos pola desigualdade de trato entre autonomías.

Dinnos que isto é pola harmonización das Españas, pero a verdade é que entre amnistiadores e amnistiados están producindo unha fractura social que imos tardar moito tempo en superar, se é que resulta superable. De liberdade e estatuto parecemos estar servidos. Sobre o da amnistía haberá que volver a empezar porque, alomenos aos galegos, coa que veña estase castigando sen motivo nin dereito a nosa inocencia.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES