Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homenaxe a Cataluña. Ler o xornal como exercicio mental

miércoles, 13 de marzo de 2024
Non hai tanto tempo aínda que lin 'Homenaje a Cataluña' (é dicir, a tradución castelá da obra de G. Orwell). A verdade, pensei que ía ser outra cousa, pero aínda así, gustoume ó tempo que me deu unha visión que non tiña sobre o ambiente de guerra naqueles anos convulsos da guerra civil, en particular en Cataluña.

Volvín lembrar o tema hoxe mesmo a conto dunha editorial nun diario editado en Galicia, que non en galego, no que, unha vez máis na liña do xornal, fai un ataque a certos partidos cebándose no corpo do estado cunha editorial precisamente con ese título, ataque ó estado de dereito.

Hai tempo que veño lendo o xornal -en xeral, os xornais, non só unha cabeceira- como exercicio mental. Tentando separar os feitos das opinións vertidas como feitos a través de diversos métodos, entre os que non está a vontade de presentar as cousas de xeito obxectivo nin o presentalas dun xeito completo que de lugar á creación dunha interpretación independente. Na mesma liña, tamén veño observando dende hai máis de trinta anos a deriva da prensa a nivel estatal. Digo, hai máis de trinta anos porque hai algo menos dese tempo lembro ter participado nun pequeno coloquio con xente doutros países onde aínda gababa o nivel da prensa en España, mesmo axustando que cría que xa comezara un certo declive.

O caso é que debera ser raro e vergonzante o ataque a unha lei que aínda non se presentou e da que pouco se sabe, co argumento de que é ilegal, ó tempo ó que se ataca a quen a promove, polo feito e promovela, como se se tratara de delincuentes collidos in fraganti. No tempo transcorrido dende o comezo deses ataques, deu voltas, ten informes de legalidade, apoio explícito ou implícito de diversas instancias, pero segue a ser atacada máis ou menos nos mesmos termos: lei ilegal impulsada por delincuentes. Pouco importa, do mesmo xeito que pouco parece importar tratar a xente que protesta como se fosen terroristas nunha lei que xa ten un decenio de coacción ó pobo.

Como dicía, volvín a lembrar a obra de Orwell a conta de todos os ataques a Cataluña co enunciado de 'defensa de España', no que resulta ser un ataque a unha parte do estado para tentar manter unha idea hexemónica dese mesmo estado que se di defender.

Non o entendo. Non entendo a escalada de agravios, moitos deles entendidos como tales só por privilexiados que negan eses privilexios ó resto, o motivo do agravio. Por certo, algo compartido por ambos bandos, ou peor, por ambas bandas.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES