Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 13 de marzo de 2024
Contra a liberdade cultural

Seguen as censuras dos dous partidos máis "moralistas" de España: PP e VOX. Agora tocoulle ó concello de Móstoles, onde a súa área de Cultura quitou unha mostra de fotografía da artista madrileña Olga Barra, máis coñecida como Dhikena, porque seica atenta contra a moral e algúns pais e nenos poden sentirse agredidos. Unha exposición que foi seleccionada por unha comisión de expertos. Porén, para experto, profesional ou especialista quen mellor que o concelleiro de Cultura Daniel Martín, de VOX, que, nun amén, dixo que moito coidado coa liberdade artística ou cultural.
Pingas de Orballo Que manía teñen de meterse na vida dos demais, de querer dirixir a vida dos demais. Queren facer un feixe das nosas liberdades para telas aí, atadas e manipuladas. E os políticos senten que teñen poder para mangonear os nosos corpos, as nosas ideas, os nosos sentimentos e pensamentos.
Sempre se me vén á cabeza aquela película de Martin Scorsese ("A derradeira tentación de Cristo") que causou un río de "críticas morais", concentracións e mesmo rezos de rosario ante os cines, de xente que, o 90% deles, nin tan sequera viron tal filme.
Creo que moitas veces falamos da moralidade sen saber moi ben o alcance deste substantivo, sen saber distinguir ou diferenciar a moralidade da liberdade. Cada persoa debería ser libre para opinar en por si e non estar á expensas de catro pasmóns ou dun que dirán. Certo que, no noso país, é moi complicado o asunto. Non se borran a carga cerrada ou dunha vez por todas corenta anos de censura. Que é un dicir; máis dunha vez teño confesado que hoxe en día hai máis censura ca nunca. Como acaban de deixar constancia eses entendidos.

Cousas da vida

Son o home ó que atoparon metido nun pote, mesturado coa calda dos porcos. Sacáronme cando estaba a medio afogar. Non sei como fixera para estar dentro do pote; creo que quixen ser ou que me quixen sentir nabo e acochei no cubo cheo de cabezas deles para sentir como fervía a calda. Cousas de rapaces.
Un rapaz de corenta e pico anos, ó que a cabeza non lle dá para máis. Nacín setemesiño, por enriba precisamente dun cortello, ás sete da mañá. Si, madruguei para berrar ben cedo. Vaia que berrei, segundo miña nai. A verdade é que levo toda a vida berrando. Grazas a isto foi polo que me atoparon dentro do pote, cando este xa empezaba a ferver.
Seica houbo unha batalla de seis horas entre os meus pais para escoller o meu nome. A guerra... quen a ía ganar!... miña nai! Púxome Dositeo, aínda que despois sempre me chamaría Dosiño. Cousas de miña nai. Por fóra, ou sexa, por fóra do fogar sabía que me chamaban O Piolliño, porque meus pais eran Os Piollos. Ás veces os veciños non se matan moito a cabeza buscando novos alcumes. Lémbrese que vivimos nun país de alias.
Non puiden estudar debido a que meus pais non tiñan os posibles para facelo. Non quedou outra que andar detrás das vacas e cocerlle a calda ós porcos. Todo o que sei é grazas ós animais, que ensinan máis do que pensamos.
Mentres seco ante a calor da lareira, case me emociono cos recordos. E iso que non saín nunca da aldea. Cousas da vida.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES