Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manrique Villafranca

viernes, 08 de marzo de 2024
Manrique Villafranca y Díaz de Rábago acaba de deixarnos. Intelixente, home de ciencia, oftalmólogo de prestixio, tiña un oco no corazón de infinidade de lucenses que acudían a el con esperanza e fe. Desde a morte da súa muller non era o mesmo, Manrique Villafrancanotando e notándoselle a perda sufrida.

Cando Marcial González Vigo e mais eu, a mediados dos anos setenta, andabamos metidos en aventuras radiofónicas, comprobamos os coñecementos e a expresividade de Manrique cando participou na serie "Los ojos, luz de la vida", coa que gañamos o premio nacional de radio da Cruzada de Protección Ocular. Tamén como radiofonista era un perfecto profesional.

Coincidimos nos anos oitenta en Fonmiñá, onde foi o terceiro presidente, despois de Tomás Paniagua e Vicente Quiroga. Vivimos momentos difíciles, e sempre estivo á altura da situación. E lembro, como un exemplo excelente, cando Manrique -que sempre tiña a consulta abarrotada de pacientes- pasou máis de dúas horas de unha mañá agardando ser recibido nun despacho secundario para un tema da Semana de Cine.

Eran tempos -síguen séndoo- de pedir créditos para tirar para adiante, de xestións interminables, de aproveitarse de amigos tolerantes, de improvisar, de poñer boa cara ao mal tempo. Manrique estivo sempre onde fixo falla.

Lémbroo, xa no tempo de Televisión Lugo, con Tomás Sanz Martín ensinándolles aos lucenses as réplicas perfectas de fermosos barcos que eles construían, disfrutando coma nenos, rebosantes de ilusión. Agora, que ámbolos dous se reencontrarán no alén, seguro que atoparán o xeito de seguir construindo soños para navegar polo ceo da boa xente.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES