Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O gran gran irmán

miércoles, 13 de marzo de 2024
Sempre me lembro daqueles programas de Manolo Sicart en Telelugo onde, nun tempo limitado, falaba de todo. Ás veces, rías das ideas porque parecían disparatadas pero o tempo vaille dando a razón. Dicía Sicart que non lle preocupaba o gran irmán de Telecinco senón o gran irmán do estado. Quizais o que aínda non imaxinaba é que ese gran irmán ía ser mundial. Quizais, tampouco imaxinaba o salvaxismo total que acadaría o capitalismo planetario...

Hoxe o capitalismo refinou a idea macabra de xogar coa necesidade das persoas e faino comprando os datos máis íntimos: aqueles que só se poden vender unha vez. Ofrece prezos ridículos a cambio de todo. A identificación polo iris é unha práctica que só se utilizaba ou ben para entrar nun país ou ben para identificar criminais.

Agora, aproveitándose da febleza adquisitiva da xuventude, mercan a prezo de miseria o máis sagrado da persoa: datos biométricos que nin sequera ela coñece de si mesma. Todo isto, estámolo a consentir. É unha actividade económica que roza a delincuencia pero como non vemos o risco, "ancha es Castilla".

De novo, enfrontámonos á falacia diaria de que "todo o privado está mellor xestionado". O que nunca din é que o privado só ten un interese: o propio. Se o pode levar a cabo finxindo solidariedade ou caridade mellor para el. Agora ben, unha identificación única non pode depender de sectores privados que moitas veces buscan espazos de impunidade para fuxir da norma pública. Isto, por exemplo, pode ser unha porta a que unha persoa que teña a desgraza de ter mala saúde, non atope un emprego. Daquela, onde van quedar os dereitos humanos e eses dereitos constitucionais dos que todos os días nos falan?

Imos ceder toda a nosa intimidade a cambio de cantidades ridículas que só satisfán un carpe diem? Non será mellor educar para conseguir parar en seco este negocio perverso que supera con moito o gran irmán do que falaba Manolo Sicart?
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES