Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre todo, o emprego

martes, 24 de marzo de 2009
O futuro Presidente da Xunta de Galicia xa ten prometido que na remodelación das Consellerías se vai manter a existencia dunha Consellería de Traballo, por entender que o tema é da máxima importancia, e del deriva todo o entramado social do país.

Se existe traballo e os traballadores cobran regularmente o seu salario, haberá unha demanda continuada de productos de todo tipo, garantíndose a existencia de fluidez económica e social que manterá en marcha a sociedade tanto na realidade como na percepción sicolóxica da situación.

O Banco de España ten advertido do risco que supón o paro de longa duración, que ten aumentando recentemente de xeito moi importante estando situado en máis de tres millóns de persoas en España. E o Instituto de Crédito Oficial español ten anunciado que limitará os seus cretos a empresas que manteñan ou creen emprego.

Polo que a Galicia se refire, os contratos indefinidos téñense reducido en tres puntos entre os máis novos, son os rapaces galegos os que máis horas extraordinarias fan en España, e a metade dos traballadores galegos de menos de trinta anos ten contrato temporal.

Non é extraño que Rodríguez Feijoo manteña a Consellería de Traballo no seu próximo goberno. Boa falta nos fai que o tema dos postos de traballo se tome en serio en Galicia, non só para evitar males maiores senón –vendo o tema desde a perspectiva máis positiva- para dar tranquilidade ós traballadores do país.

Sobre todo o emprego. Sobre todo, os traballadores.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES