Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 07 de marzo de 2024
Ir a onde non se quere ir

Acelerei o paso para ir a onde non quería ir. Ás veces non queda outra que ir a onde non se quere. E vaise con desgana, pero vaise. E vaise a remolque, pero vaise. Que todo sexa pola petición de ir. Mellor quedaba estomballado no sofá ou deitado na cama ou xogando ás cartas ou comendo a fartar; pero hai necesidades que non se poden evitar e favores que non se poden deixar de pagar.
Pingas de Orballo Por sorte, non debo favores e ninguén me debe favores; mais hai solicitudes, desexos que non se poden eludir, esquivar, incumprir. E se hai que ir, vaise. Menos mal que, ó pouco de acelerar o paso, xa case me daba igual. Ó saber que tiña que ir, aínda que fose sen ganas, xa me fixen á idea e, pouco a pouco, aínda acelerei máis o paso. Canto antes chegue, antes remato coa cuestión, coa solicitude, coa petición.
Porén, no medio do camiño, fixen unha pequena parada sobre unha pedra do valado, e estudei a posibilidade de seguir ou retroceder. Como digo, non lle debo nada a ninguén. Confeso que me custou decidirme. Non todos os días está un disposto a saltarlle na chepa a alguén.
Ese era o cometido: o de atacar, mallar a un veciño. A un veciño que, para máis aquel, quería moito. Claro que aínda quería máis a quen me fixo a encarga, a encomenda. Ante isto, erguín da pedra e seguín. As dúbidas atenazábanme de tal maneira que mesmo arrastraba os pés. Pero cheguei. E vin ó veciño. E díxenlle ó que ía. El lanzoume outra petición: que o deixase en paz. Como son un mandado, fíxenlle caso e volvín por onde viñera. E acelerei o paso para ir, agora si, a onde quería ir: ó punto de partida.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES