Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 06 de marzo de 2024
Apurar o tempo

Apurei o tempo porque tiña présa. Sempre teño présa. De aquí para alá. Dun lado para o outro. Mesmo na cama dou voltas coma unha buxaina. No leito teño présa en durmirme. E canta máis présa, xeralmente, máis tardo en durmir. Maldita ansiedade!
Algunhas veces só apuro o tempo porque quero. Por moito que diga o do primeiro parágrafo, cando quero, é dicir, cando me dá a gana, sei quedar quieto e contemplar o Pingas de Orballouniverso. Incluso se non quero parar, ando a modiño. Desta maneira, si, apuro o tempo en cámara lenta, ó ralentí, como se adoita dicir.
Apuro o tempo cando quero facer algo. Como saiba que teño que facelo, canto antes mellor, antes quedo libre. Outra cousa é lacazanear, zangonear para que o asunto o faga alguén. Entón, si, ó ralentí.
En certos casos é moi complicado saber cando apurar o tempo. Se o apuro moito, despois fártome de esperar e, xa se sabe, as esperas desesperan. A min moito máis, por iso de que sempre ando con présas. Se non apuro o tempo, non tardo en notar un malestar na boca do estómago, un nó que se pon aí e que me rebenta os nervios. Mesmo se me pode abrir de novo a úlcera.
Apurar o tempo polas présas, as máis das veces, tamén é perigoso. Sábese de toda a vida de que as présas nunca foron boas. Pero, claro, os que somos inquedos, nerviosos, botados para adiante, incluso irresponsables, non podemos evitalo e... que sexa o que Deus queira. Agora mesmo apuro o tempo porque xa teño présa. E que saia o Pingas como queira.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES