Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (8)

martes, 05 de marzo de 2024
VIII. Parroquia: Muro, San Xoán de.
1. Restos dun ViaCrucis.

Coordenadas U.T.M. X: 630.402 Y: 4.745.817.
Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (8)Na actualidade hai 13 cruces pequeñas colocadas por riba do muro, que separa o adro do exterior. Son restos dun Viacrucis. Agás unha que ten deteriorado un dos brazos transversais, as demais están nun bo estado de conservación. Ademais, hai tres que foron restauradas, e unha que posúe o brazo lonxitudinal máis alongado que as demaís. Estas cruces amosan unha serie de pecualiaridades: mostran unha sección cuadrangular nos seus extremos e oitavada no resto; así mesmo, os extremos dos brazos e da cabeceira mostran un tipo de cruz potenzada.
Na parte superior da entrada ao adro hai unha pequena cruz asentada nunha base moldurada, que ten como apoio unha estrutura de cemento, irregular a nivel xeométrico. A ambos os dous lados da cruz hai dous pináculos de adorno.

2. Cruceiro de Muro.
Coordenadas U.T.M. X: 630.393. Y: 4.745.802.

Orientación: NE-SW.
Nunha abertura realizada nun campo, situado no lugar da "Eirexe, foi preparado con pequenos bloques de cantería un espazo para a construción deste cruceiro. Está situado no lado dereito da CP-2703, e preto da igrexa parroquial. Esta manifestación artística foi realizada polo canteiro José López López, da "Casa de Subquintá", lugar de Vizcaia, parroquia de Muro (1). Esta expresión artística amosa unha serie de elementos artísticos, que nunha orde ascendente están dispostos da seguinte maneira: Plataforma, base, fuste ou varal, capitel e cruz. Posúe unha plataforma granítica de tres chanzos semellante á dos cruceiros do Couto (Bande) e ao da "Casa de Subquintá" (Muro). A base, fuste, capitel e cruz, é moi similar a dos cruceiros do "Centro Público Integrado "Ramón Piñeiro" de A Poboa de San Xiao; a do de "Carracedo"; e a do da "Casa de Subquintá" (Muro). No obstante, este cruceiro posúen a cara NE., unha pequena inscrición, na que se reflicte o ano no que foiconstruído: "ANO / 1995". Ademais, na base hai un pequeno epígrafe, gravado cun buril, no que se le: SUQUI, que fai alusión a "Casa de Subquintá" (Muro), de onde procedía o canteiro susodito.

NOTA:
1. Este canteiro dirixou as 'Escolas taller', que se levaron a cabo neste municipio no primeiro lustro dos noventa do século pasado. Os seus integrantes cooperaron na realización de diferentes cruceiros construídos no devandito lustro.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES