Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pactando con todos

lunes, 23 de marzo de 2009
Se o PP non houbese gañado por maioría absoluta as recentes eleccións galegas, o PSOE houbese pactado co Bng para gobernar este país. Desde Galicia, pois, coa experiencia dos catro últimos anos, o Partido Socialista Obreiro Español entende que os nacionalistas galegos son os interlocutores naturais para conseguir unha natural maioría de goberno. Pero ó gañar o PP, xa non existe esa posibilidade.

Non obstante, as eleccións dese mesmo día celebradas no Páis Vasco deron como resultado un fraccionamento de votos de xeito que o PSOE pode gobernar se o Partido Popular o apoia, o que parece vai suceder do xeito máis natural. Así, os nacionalistas deixarán de gobernar en solitario desde hai décadas, e o PSOE está feliz porque esto suceda e por fin consiga gobernar na autonomía máis difícil para os non nacionalistas. Temos pois que os nacionalistas en Galicia son aliado natural do Psoe mentras que no País Vasco son o enemigo a batir.

E a escala nacional, a saber. Porque o goberno do PSOE tense apoiado de xeito firme nos votos nacionalistas para sair adiante, se ben esto pode ser difícil no futuro se no País Vasco as cousas marchan como parece.

Extrapolando os resultados previsibles no País Vasco a Madrid, pensando no difícil da situación económica actual, ben podería establecerse un goberno de salvación nacional, seguindo o exemplo de Alemania, para saír dunha situación difícil na que todos temos que arrimar o ombreiro.

Tardaremos en velo, pero algunha vez deberá ser planteado, porque senón a ver como se entende a situación de Galicia en contraste coa do País Vasco, mentras en Madrid o goberno do PSOE está cada vez máis só e desnortado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES