Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 08 de marzo de 2024
A liberdade é máis bonita

Escapei do cárcere no que estaba porque xa me cansara de estar alí. Levaba 23 anos xustos encerrado. E sen saber moi ben por que. Máis tarde diríanme que fora para darlle uso. Para darlle uso á cela, se entende. Quedei abraiado ante tal confesión. E cheguei a crela porque, cando me detiveran, eu non fixera nada malo. Nin tan sequera roubara unha galiña. Simplemente estaba na rúa cantándolle a un balcón unha serenata. Polo balcón non apareceu ninguén, ou sexa, a amada. Si asomou polo cabo da rúa a parella da garda civil. Que, polo que se viu, non me amaban un carallo.Pingas de Orballo
Co paso dos días confeso que me sentín a gusto no cárcere, na cela. Durmía, comía, escribía, lía e estudaba. Estudei tanto que saquei dúas carreiras a un tempo: a de físico nuclear (sen armas) e a de astronauta (sen traxe). Nunca recibín visitas pois, cando me prenderon, xa non tiña a ninguén.
Co paso do tempo fixen amizade con toda clase de bichos (víame coma un Burt Lancaster en Alcatraz) que asomaban polo chan e as paredes. Tamén pola soleira da ventá que estaba arriba de todo, por onde entraba a única luz que me permitían. Deixáronme ter a ventá aberta e mesmo toleraron que tivese unha escaleira para poder estar cos paxaros. Nin intentaba escapar por alí porque as reixas eran grosas e duras.
Porén, escapei nun despiste do gardián cando lle dixen que me doía o calo que tiña na planta do pé e non podía pousar este no chanzo da escaleira para darlle de comer á pomba que acababa de asomar. Subiu el e aproveitei para fuxir. Xa cansara de estar encerrado. Estaba ben, pero a liberdade é máis bonita. Máis libre.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES