Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Son os anos...

viernes, 01 de marzo de 2024
Anos e experiencia permítenme ser un optimismo relativo que ve o arredor coa mellor das perspectivas, estimando que a maioría das persoas fai as cousas o mellor que pode, e as administracións teñen intención benéfica nas accións que enfrontan.

Os anos danme memoria doutros tempos, e a conveniencia de "mirar para atrás sen ira" (John Osborne dixit) permíteme recoñecer que cando Alfonso Guerra dixo que despois do paso dos seus polo Goberno a España "non a ía recoñecer nin a nai que a paríu" tiña toda a razón do mundo. E sen pensar que todo vai ben, considero que a situación social que nos rodea é manifestamente aceptable.

Un amigo extráñase do voto masivo polo partido que goberna Galicia diante do desastre da sanidade, o fracaso da educación, o vilipendio da lingua, o estado das estradas, da economía, da agricultura, da gandería... e o descenso da natalidade. Durante a pasada campaña electoral pouco escoitei falar dos temas que preocupan ao meu amigo, quizais porque a situación é mellor ca a que el aprecia e nin a lingua está agredida en Galicia, nin a educación floxea, nin a sanidade deixa de estar á altura das mellores.

Os anos permiten apreciar o longuísimo camiño percorrido en sanidade, educación e lingua, como en economía e sociedade no último medio século, que máis ou menos ven coincidir coa previsión do moderado Guerra, en tempos vitriólico vicepresidente dun goberno de esquerdas.

Que todo sexa mellorable non permite afirmar que o que nos rodea sexa un desastre. Quen vexa todo ben, pecará de excesivo optimismo. Quen vexa todo mal, debe revisar o seu sistema de percepción. E todos, agardar que pasen os anos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES