Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 01 de marzo de 2024
A suavidade do Pousón

Hai suavidades que enganan. Evaristo Sotelo, O Pousón, era suave. Ninguén sabía moi ben por que. Porque O Pousón era bruto coma un arado e cuspía pola boca sentenzas que metían medo. Non obstante, todos os veciños dicían que tiña algo, que se lle notaba unha suavidade, nostálxica incluso, pola que se facía querer.
Evaristo Sotelo, O Pousón, era fillo dos Rañados. A nai era costureira e o pai labrego. Pingas de OrballoSi, O Pousón tamén era labrego. Labrego de catro vacas, un burro e tres ovellas. Non había un día no que non botase sentenzas contra elas, pero nunca ninguén lle viu zoupar ós animais, nin tan sequera ó burro, ese animal ó que se lle deron paus a esgalla desde que o mundo é mundo.
Fose polo seu mal falar, fose pola súa brutalidade física e ficticia, ó Pousón non se lle coñecía parella. Tampouco se soubo nunca que andase detrás do sexo pagado. El nada contaba e, se algunha vez saía o tema, só ría. Case nunca saía tal asunto nas conversas porque non había ninguén que se atrevese moito a preguntarlle. A suavidade do Pousón, que carallo, tamén podía ser ficticia. Mellor deixar correr a cousa e que a súa vida sexual sexa só del.
Non lle preocupaba ter tal parella. Evaristo vivía por e para as súas leiras e os seus animais. De cando en vez achegábase á cidade a ver algunha película no cine e, si, moi a miúdo, cantaba por toda a aldea e a súa contorna. Non precisaba ningún aparato musical. Nin telefónico. Comunicábase a berros con esa voz forte e grosa que tiña, pero cunha, así mesmo, suavidade que, os veciños, intuían. Eu non sei que dicir.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES