Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O campo existe

miércoles, 06 de marzo de 2024
Hai anos, cando a tractorada amurallou a muralla, escribín un artigo titulado "A tracción da dignidade". A sensación segue sendo a mesma: só cambiamos de muiñeiro, a segunda parte do refrán, é igual. Quen se queda no campo, ten un traballo de vintecatro horas e trescentos sesenta e cinco días ao ano. Ademais dunha chea de hipotecas que vai pagando como pode ou máis ben como lle deixa o mercado. Quen os vexa pola cidade teña en conta precisamente isto: cada máquina é unha hipoteca sobre un ben ao que o tempo lle resta valor, pero é un ben imprescindible no que polo tanto hai que seguir reinvestindo. Isto pon aos nosos gandeiros nun fío ínfimo no que fan equilibrios imposibles.

Tamén poderíamos falar de certas industrias que ameazan aos nosos gandeiros e gandeiras sen piedade, e que non teñen máis vínculo coa terra que o rendemento que pretenden sacar. Entón, vaia miña homenaxe a quen vive no rural coidándoo, manténdoo e librando a miúdo de perigos constantes como o lume e a fauna salvaxe que por certo lle complican a vida a quen sementa. Neste sentido, hai unha revolución cando un xabaril visita a cidade, pero ninguén se preocupa cando, nunha noite, esnaquizan tres ou catro leiras de millo.

É moi bonito ir ao campo de paseo e gozar do romanticismo que esperta. Outra cousa é traballalo día a día sen festivos nin vacacións e totalmente expostos ás inclemencias do tempo e da fauna. Grazas a este traballo demasiado silencioso as cidades abastécense de alimentos de calidade. Por iso cando os vexades pasar, aplaudide, porque eles procuran manter a calidade na cadea alimentaria. Outra cousa son as falcatruadas que nela fagan a globalización e o comercio inxusto que despreza o produto por escuros intereses.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES