Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempus fugit... Home Xa!!!

lunes, 23 de marzo de 2009
Estou traumatizada! O outro día chamáronme señora…! A mín…! Bueno, aínda que pensándoo ben…, podía ser tranquilamente a nai do rapaz que mo dixo.

Isto do paso do tempo elles moi complicado; primeiro non che deixan facer moitas cousas porque es moi pequena, cando xa tes medrado un pouco réñenche porque xa es maiorciña para facer outras…non hai quen entenda, e sobretodo ás nais que están todo o día enriba de tí nunha especie de acoso e derribo que semella que xa saben o que vas facer moito antes de que a ti se che pase pola cabeza.

Eu son da xeneración criada na casa polas nais; daquela moi poucas mulleres traballaban fora, o que non quere decir que non traballasen. A miña nai adicábase ás “Sus Labores” (como poñía o carnet de identidade), había que ecender o lume na cociña e se lle daba por non tirar enchíase toda a casa de fume, non había auga quente nin lavadoras, había cochos e galiñas que atender…i eu andaba todo o día ás carreiras dun lado para outro.

O que diferenciaba a miña casa das máis era que sempre estaba chea de mulleres aprendendo a bordar. O meu pai tiña un comercio e con cada máquina que vendía regalaba un curso de bordado, e mira ti que casualidade, foi casar cunha bordadora. Así que eu medrei no medio de máquinas Singer e Alfa, de fios e tesouras, de teas e puntillas…pero é que a miña nai aínda lle daba tempo a bordar para fora. Cando había algunha voda, levábanlle as pezas de lenzo para que fixera o enxoval da noiva, porque daquela non se vendían feitos nin os xogos de cama, nin as mantelerías, nin as toallas…e todo pasaba polas máns das tres ou catro bordadoras que había en cada pobo.

Pois, con todo isto, aínda lle deu tempo a criarme. Pouco mais facía eu que falar, levoume a casa dunha veciña que era mestra para que aprendera a ler e escribir, e alí estiven ata que con seis anos entrei en primeiro de EXB. O que máis me amolaba da escola de Doña Pilar era que, antes de sair, tiñamos que rezar o Padrenuestro e a tabla de multiplicar, coido que foi aí cando lle collín tirria ás matemáticas.

En poucos anos as cousas cambiaron moito. Está ben que a muller traballe e teña a súa independencia. Se nun matrimonio ámbolos dous traballan fora deberanse repartir as tarefas domésticas…Pero cando hai nenos todo é moi diferente. Nin a “pleiesteixon”, nin o ordenador, nin o mp3, ou 4, ou 5…poden sustituir a unha mamá que lle teña preparada a merenda ao seu fillo e falen un pouquiño de como foi o día no cole antes de se poñer a facer os deberes. A día de hoxe, hai moitas casas nas que non hai tempo para que pais e fillos esteñan xuntos, e iso ten un precio moi alto, moito máis caro que a hipoteca que hai que sacar adiante ou as letras do coche novo…porque o tempo non se merca. E o amor?

Adicado a Antonia, a miña nai, e a Antonio, o meu pai.

Naseiro, Estrella
Naseiro, Estrella


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES