Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (7)

martes, 27 de febrero de 2024
V. Parroquia: Láncara, San Pedro de.
1. Restos dun ViaCrucis.


Coordenada U.T.M. X: 634.628 Y: 4.746.621.
No ano 1780 construíronse 14 cruces de cantería coas súas peanas correspondentes para andar o Viacrucis (1). O seu custo foi de 252 reais (2). Na actualidade, hai seis cruces: dúas conservan a base; unha, está cuberta de hedras; outra ten a parte inferior da cruz deteriorada; e dúas amosan condicións bastante idóneas. Estas amosan unha base formada por un dobre bloque: o inferior, de forma paralelepípeda; e o superior, monolítico, amosa dous tramos: o inferior, de maior tamaño, mostra unha forma paralelepípeda; e o superior, nunha das cruces, presenta unha forma troncopiramidal, mentres que na outra amosa unha molduración convexa a xeito de bocel. Ambos os dous bloques están separados. A base destas dúas manifestacións artísticas serve de soporte para a cruz propiamente dita, que amosa unha sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto; ademais, os extremos dos brazos e da cabeceira mostra un tipo de cruz potenzada. É moi probable que outros restos de Viacrucis, que hai no municipio sexan deste século.

2. Cruz de Madeira.
Coordenadas U.T.M. X: 634.634 Y: 4.746.610
Trátase dunha cruz latina, bastante antiga, que está situada no exterior da igrexa, no muro lateral dereito. É moi probable que sexa unha antiga cruz misional.

3. Cruz de Madeira. (2)
Coordenadas U.T.M. X: 634.636 Y: 4.746.619.
Facemos alusión a unha cruz latina; de madeira; situada no exterior da igrexa, na Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (7)parede lateral dereita. Na intersección de ambos os dous brazos hai unha placa metálica, que contén unha inscrición na que se menciona o seguinte: "ELENA ARES CARBALLO / 18 DE JUNIO DE 1922 / A LOS 28 AÑOS DE EDAD / RECUERDO DE TU MADRE, HERMANAS, ESPOSO / Y TIOS MANUEL, Y HERMINIA/". É unha cruz funeraria, antiga, que está ornamentada na parte superior con flores artificiais.

4. Cruz Misional.
Coordenadas U.T.M. X: 634.624 Y: 4.746.597
Está colocada na parede esquerda da sancristía. Trátase dunha cruz latina, de madeira, que amosa nos extremos dos brazos e da cabeceira un tipo de cruz trevoada. Na parte superior do brazo lonxitudinal, hai a seguinte inscrición: "JHS". Ao longo do brazo transversal manifestase a inscrición: SANTA MISIÓN. Finalmente na parte media e inferior do brazo lonxitudial faise referencia nunha inscrición a orde eclesiástica, encargada de dar a misión, así como a data na que comezou a mesma. Así, aparece unha inscrición co nome da orde: P.P. JESUITAS.E, finalmente, na parte inferior está a inscrición, que reflicte a data de celebración: 8-IX-1945.

VI. Parroquia: Larín, Salvador de.
1. Ara Funeraria.

Coordenadas U.T.M. X: 632.373. Y: 4.743.558
Trátase dunha ara funeraria, situada no adro da igrexa, que pertenece a "Casa do Cuco" de Larín. Foi realizada polo pai de José López López. A ara amosa na súa parte superior unha cruz, a ambos os dous lados un martelo -na parte dereita- e un cepillo de raspillar -na parte esquerda. A cruz, e latina; na intersección de ambos os dous brazos hai catro molduras convexas -cuarto bocel-; e a parte inferior do brazo lonxidudinal está formanda por dúas molduras cóncavas- cavetos- polas que se accede a unha pequena superficie cuadrangular. Os extremos dos brazos e da cabeceira mostran un tipo de cruz aguzada.
Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (7)
VII. Parroquia: Monseiro, San Miguel de.
1. ViaCrucis.

Coordenadas U.T.M. X: 638.514 Y: 4.738.989.
Na actualidade, deste Viacrucis, consérvanse 10 cruces. Estas están colocadas por riba dun muro, restaurado hai algúns anos, que separa o adro da igrexa dunha estrada local, que nace á dereIta da CP-5706. Algunhas das cruces están medio cubertas de hedras. As cruces son moi semellantes, podendo salientar nelas os seguintes trazos: posúen unha base paralelepípeda, que serve de sostén á propia cruz, que mostra unha sección cuadrangular nos seus extremos, sendo oitavada no resto; ademais, os extremos dos brazos e da cabeceira amosan un tipo de cruz potenzada.

NOTAS:
1. O Viacrucis foi construído por Pedro Caldeiro.
2. Auto Correspondente do Libro de Fábrica. Folio. 11/09/1759.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES