Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desolación e os vira chaquetas

lunes, 26 de febrero de 2024
Vaia por diante o meu primeiro pensamento e o primeiro parágrafo deste recuncho Desolación e os vira chaquetaspara esa desgraza acaecida en Valencia, ese incendio devastador que, no momento de escribir isto, leva sobre o seu fume e as súas lapas nada menos que 10 vítimas, entre elas, unha bebé de 15 días e un neno de 3 anos. Desolación absoluta, tanto polo incendio como pola traxedia final. Agora toca dilucidar que pasou realmente aí. Como en pouco máis de dúas horas e media a devastación foi total.

Como desolación tamén se pode dicir sobre o que acontece en Ucraína, pois tras dous anos de guerra, os datos son para entristecer ó máis pintado e, por suposto, clamar ó ceo: 10.300 Desolación e os vira chaquetasmortos, 3,7 millóns de desprazados internos e 1,4 millóns de edificios destruídos. Do xenocidio israelí case prefiro non saber ningún dato oficial nin extraoficial para que a carraxe non me envelene o sangue.

Sexa por causas naturais, sexa por causas forzosas e buscadas as vítimas son as que pagan as desfeitas de desidias e poderes, de neglixencias e ansias de territorio, de incurias e afán de vinganzas. As vítimas sempre son os máis inocentes: nenos e mulleres.

Desolación ou aflición tamén é a que sinto eu. Politicamente falando. Non entendo nada, absolutamente nada; ata confesarme a min mesmo que teño que errar nas meus anhelos políticos. Porén, vexo e oio ou escoito (repito: oio ou escoito) que a sanidade é un desastre; que as urxencias sanitarias desesperan; que a educación está de capa caída; que a nosa lingua é maltratada, vilipendiada, inxuriada, desprezada; que as estradas están cheas de fochancas; que o transporte funciona cando funciona e como funciona; que a economía xa non digamos; que a agricultura e gandaría acabámolo de ver coas manifestacións; que a caída da natalidade acentúase en Galicia; que hai 3.400 habitantes menos na provincia de Ourense; que mesmo as xuízas reclaman máis medios para a xustiza; e, emporiso, aí está: maioría absoluta.

Resumindo, que os que se queixan son uns vira chaquetas. Todo está rematadamente mal e impórtalles un carallo. Para que se queixan, entón? Si, é verdade, temos algo que vai a máis: as festas. E aquí paz e despois gloria. Aínda que siga sen entender nada.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES