Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xogos de sempre en pantalla

miércoles, 28 de febrero de 2024
Hai tempo empecei a botar de menos xogar ao tute, ao chinchón e, sobre todo, ao subastado. Entón, empecei a buscar xogos para non esquecer como eran as regras e, tamén, como un xeito de practicar e matar o tempo libre.

Descubrín que hai de todo: dominó, tute, chinchón, póker e incluso atopei o xulepe ao que, por certo, nunca souben xogar. O caso é que, no meu fogar, o xogo foi sempre unha maneira de aprendizaxe, quizais por iso nos insistían tanto en que nunca apostáramos. Era unha maneira de medirnos cos do noso redor poñéndonos unhas regras preestablecidas e sabendo que todo era unha parte lúdica da vida que nos unía.

Aqueles momentos tiñan tamén un contido educativo que te enfrontaba ao fracaso e aprendías a perder e a gañar. Aprendías que tiñas que saber perder e tiñas que saber gañar e esa aprendizaxe ía contigo. O xogo tiña, entón, unha función socializadora que te unía ao teu entorno máis próximo e, tamén, unha función cultural xa que había dinámicas de xogo distintas; por exemplo, na miña casa xogábase ao subastado de 3 pero tamén había o subastado de 4 no que podías anunciar o que tiñas cunhas determinadas regras.

O xogo traía tamén expresións propias como "a xata" que é cando o ás de triunfo mata ao 3 do mesmo pao ou outras ben curiosas como aquela de "andan os ladróns detrás dos que rouban" que facía referencia a que a partida estaba máis ou menos equilibrada.

Xogar en aplicación nunca será igual porque non teñen a creatividade do pobo que nos ensinou en analóxico. Ademais, como esta creatividade é tan diversa, é difícil de recoller nunha interface. Así que as aplicacións son boas para manter a práctica, para non esquecer o que nos ensinaron e para poder un día ensinalo aos nosos devanceiros pero nunca poderán reproducir a emoción dunha partida de subastado entre 3 ou 4 persoas queridas.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES