Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inauguración de Monumento en Ferrol

lunes, 26 de febrero de 2024
Como complemento ás palabras de Ton, vou ler un extracto deste poema, "COMO PUDEMOS VIVER" de Carballo Calero, tío de Ton.

"As bocas das metralletas apuntándonos.
Os sacristáns pasando lista nas portas da igrexas.
Nos cafés os contertulios anotando as nosas reaccións
perante as noticias do radio.
Nas escolas os nosos fillos aprendendo a condenarnos,
a desprezarnos.
Moitos morreron,
mais no falo agora deses mortos,
falo dos que tiveron que viver morrendo
entre os nosos matadores.
Como pudemos viver".

E engado esta palabras:

Hoxe ademais do agradecemento ás autoridades que responderon á invitación para estar aquí presentes e honrar con esta homenaxe ás Vítimas do franquismo, este Inauguración de Monumento en Ferrolagradecemento vai sobre todo para toda a xente que está aquí presente acompañando aos familiares desas vítimas, e tamén os ausentes; pois vós, os familiares, sodes os protagonistas. Que ben o dixo Carballo Calero. Mais hoxe teño a encomenda desta comisión de lembrar a unha persoa que foi a alma mater, o iniciador e promotor deste Monumento, VICENTE COUCE FERREIRA.

Quen lle ía dicir a Vicente que o PP, que se abstivo nos tres plenos nos que se aprobou este monumento, ía ser quen respondese axiña e con firmeza á solicitude desta Comisión tomando o seu compromiso de levar a cabo a súa construción.

Durante máis de vinte anos andara Vicente coa teima de que as vítimas do franquismo de Ferrolterra tiveran un monumento, que tanto tempo sufriron o terror; animaba aos familiares que coñecía e alentábaos para que perderan o medo.

Chamounos a nosoutros, convocounos, reuniunos moitas veces, con este fin; mais tamén moitas veces quedaba freado por circunstancias inxustificábeis; e volta a empezar. Mais hai tres anos, coa súa chamada definitiva, creouse a Comisión Promemorial das Vítimas de franquismo. E esta Comisión non parou até velo ergueito, sempre co seu ánimo e o seu alento, aínda que fora escaso pola súa enfermidade da EPOC, pois de novo collía alento para dicirnos: "Non paredes, adiante!". Desde o hospital, desde a casa, coa respiración do osíxeno, tiña esperanza de estar na inauguración. Non puido ser. Deixounos o 4 de novembro do 2022. A súa viúva, Sabela Díaz Regueiro, quixo in memoriam subvencionar o folleto PROMEMORIAL DAS VÍTIMAS.

Grazas Sabela, polo teu seguimento neste labor de Vicente. Ao pasarmos por este parque, e ver o monumento con todos estes nomes das vítimas, faremos lembranza de Vicente.

Xa sabemos que rexeitabas as loas e homenaxes, mais hoxe estás no noso corazón presente.

Fotografía: Anxo Ferreiro Currás
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES