Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rosmando

jueves, 22 de febrero de 2024
Sorprendeu Democracia Orensana neste 18F entrando no Parlamento de Galicia por unha porta pequena cun resultado grande. Sorprendeume ver por Televisión a Jácome - do que a pesar de dedicarse á televisión local polo que tiña que caerme simpático, pode máis en min o seu carácter histriónico-, falar de como súa nai lle preguntou en 2011 para que valía a súa entrada no concello xa que só conseguiría pasar catro anos rosmando. E cheo de razón presumía que de pasar rosmando catro anos, chegara á alcaldia de Ourense, e agora poderían rosmar no Parlamento galego.

Sorprendeume esta lección política, explotando os lexítimos sentimentos localistas ourensáns presuntamente agraviados, para ser cola de león, estando presentes precisamente no lugar onde se deciden os grandes asuntos de calquera país.

Poderíanse chamar "Ourense existe" por asomarse individualmente á política como Teruel fixo hai anos. Tiñan vocación de chave seguindo o nefasto exemplo dos independentistas cataláns sometendo ao goberno central á obriga de decir que chove cando o que lle botan non é precisamente auga, e quero crer a Rueda cando en campaña dixo que non se vía dependendo de ninguén para formar goberno.

Só poderá rosmar no Parlamento, que xa é moito porque ten demostrado que rosma rosmando conseguiu ser alguén e Ourense. Pero, sobre todo, é un aviso para navegantes de que poden xurdir intrépidos aventureiros que, fóra dos cauces habituais, poden facerse un oco no difícil mundo da política no que hai moito sufrimento para os perdedores pero tamén moito que gañar se os ventos soplan na dirección adecuada.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES