Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 22 de febrero de 2024
Coa cabeza gacha

Levo tres días ou máis (a verdade é que xa ando medio perdido) sen ver o ceo. E non porque estea cuberto de nubes nin porque eu estea encerrado en algún cuarto ou habitación. Levo varios días sen ver o ceo porque non miro para el. Así de simple e así de sinxelo. Ando sempre coa cabeza gacha e non a levanto para nada. Tampouco é porque me doa o pescozo ou porque teña algunha mala postura no mesmo, ou sexa, un cabaleiro. Xa digo: simplemente porque non quero mirar para el.
Pingas de Orballo Sei cando chove porque chove e me mollo. Sei cando está moi escuro porque, ou ben hai ameaza dunha boa treboada, ou ben xa é noite pecha. Non necesito mirar para arriba para saber certas cousas do ceo e do que acontece no mesmo. Incluso sei cando pasan avións e helicópteros polo ruído, algúns paxaros cando pían e algunhas gaivotas cando cagan.
Xa sei que é difícil entender a miña decisión e a miña situación. Que por que non miro para o ceo? Nin eu mesmo o sei e moito menos o entendo. Déuseme por aí? Quizais. Por veces actúo sen pensar, nin en min nin nas consecuencias. Aínda que... consecuencias, practicamente nulas. Coa miña decisión non creo que inflúa na vida dos demais. Nin tan sequera na miña. Nin para ben nin para mal.
Durante estes días, coa cabeza gacha, vexo de todo: desde caracois esmagados no atallo ata merda dos cans pola Valenzá adiante. Esta última visión dá para todo un ensaio. Somos máis porcos que os propios cans. De súpeto, miro para o ceo e véxoo azul. Que bonito!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES