Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Algo haberá que cambiar

jueves, 22 de febrero de 2024
A vida está en cambio constante.
Nestes tempos que vivimos, os cambios son máis rápidos que nunca.
Os humanos temos moita capacidade para adaptarnos a novas situacións, pero algunhas son moi malas de dixerir:

- ESCASA ATENCIÓN Á INFANCIA
As criaturas de hoxe en día levan unha crianza moi artificial.
Non poden disfrutar dos seus proxenitores porque están moito tempo fóra da casa.
Non poden estar cos seus avós porque, xeralmente, están lonxe.
Viven enganchadas ás maquinitas que as entreteñen pero non lles dan calor humano que é o que precisan.
Non aprenden os valores de toda a vida porque xa non teñen quen llelos transmita.
Non poden xogar na rúa porque a circulación urbana invadiu todo e, se viven no medio rural, só quedan persoas maiores.
Teñen que estar sempre acompañadas por razóns de seguridade.
Teñen moitos xoguetes pero non desenrolan a creatividade porque se lles dá todo feito.
As máquinas no satisfacen a súa necesidade de socializarse cos do seu igual.
É alarmante a insatisfacción psicolóxica de moitos adolescentes hoxe en día.

- ADOLESCENCA EN SITUACIÓN DE RISCO
- Risco de caer vítima das redes sociais.
- Risco de caer na droga que lla ofrecen á saída dos colexios.
- Risco de sentirse acorralada se non fai o que di o ambiente.
- Risco de caer en depresión porque a supera o acoso de todo tipo.
- Risco de sentirse abandoada por falta de apoio familiar.
- Risco de ir a deriva...

- XUVENTUDE DESARRAIGADA
Cando unha persoa non recibe as atencións necesarias no seo do fogar, sofre esas carencias ó longo de toda a vida.
O ser humano é o ser máis indefenso de todos.
Para medrar e desenrolar tódalas súas capacidades necesita moito cariño e moitísimas horas de dedicación para que vaia asimilando os valores que deben rexer a súa vida no futuro.
Hoxe en día priorízase que avance nos estudios e se pode ir ó estranxeiro, mellor que mellor: o mundo ensina.
Para que o mundo te ensine, tes que levar unha base sólida da casa.
Certo que o saber non ocupa lugar; pero nunca debería perderse o cordón umbilical que nos une ós nosos ancestros.
As raíces non hai nada que as substitúa.

- VIDA ADULTA MATERIALISTA E CONSUMISTA
O consumismo crea adicción.
Canto máis temos, máis queremos ter.
Canto máis consumimos, máis queremos consumir.
Vivimos enganados pensando que consumindo máis alcanzamos maiores niveis de felicidade.
E así imos pasando os días da vida ata chegar a etapa senil.

- CHEGA A TARDE DA VIDA
- Os achaques fan acto de presenza.
- A familia está espallada polo mundo moi ocupada na vida moderna.
- A vida mira cara ó futuro.
- Os avós xa pertencen ó pasado.
- As persoas próximas vanse indo...
- Xa non queda con quen falar.
- A soidade é moita.
- Algúns poden pagar unha residencia onde, polo menos, terán as atencións básicas c cubertas.
- Outros poderán ter alguén que lles bote unha man se dispoñen duns aforros.
- Outros: nin iso.
- A tristura invade os corazóns senís

Despois de dar todo...
¿QUÉ FALLOU? FALLARON OS VALORES.
Primouse o ter por encima do ser: o meu fillo, a miña filla que teña esto e aquelo e aqueloutro para que non lle falte de nada.
E se pode ter máis que o veciño, mellor aínda: mellor roupa de marca, mellor moto, mellor coche...
Se lle falta o cariño, a sensibilidade, a empatía, o amor ó próximo...
¿Qué tipo de persoa é?
ESQUECEUSE A DIMENSIÓN ESPIRITUAL DA PERSOA:
¿Para que se lle vai a dar unha formación relixiosa se diso nos se come?
¡Xa elixirá cando sexa maior!
Vai elixir, vai... ¿Que se lle ofreceu para que poida elixir?
Deste xeito estase privando á xente nova do legado moral acumulado ó longo de toda a historia da humanidade: non saberá interpretar a historia, nin a arte, nin literatura e moito menos a filosofía.
E por suposto, non saberá quen o próximo, nin lle importará nada que non sexa o seu propio ego.
NON SOMOS ANIMAIS, AÍNDA QUE SEXAMOS MAMÍFEROS: somos seres racionais dotados de intelixencia e temos unha conciencia que formar.

"UNHA CONCIENCIA QUE FORMAR"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES