Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 21 de febrero de 2024
A Figura

Minorei o momento. Hai momentos ou retrincos nos que, amodiño, penetran ou se asimilan mellor as imaxes. Como a imaxe dunha figura na que chega simplemente coa súa sombra para saber que o tempo pode deterse e que todo o demais é borralla. A figura reflicte unha ansia, un desexo que, co paso dos minutos, durmirá sobre a almofada do meu universo.
Pingas de Orballo Púxose o sol e a figura fíxose, entón, real. Elegante, fermosa, inmaculada, garbosa, chea de cor, agradable e cun moi bonito sorriso. Detiven o tempo e vivín o momento. Como se viven os mellores momentos. Con cantos de paxaros, concertos de grilos e asubíos eternos. Con postas de sol, luces de neon e recitando versos. A figura brillou e o anhelo aumentou.
Xa coa noite pecha, a figura ensumiuse, minguou e pódese dicir que só quedou o recordo, a lembranza. Pero é un recordo que está sempre e que baila por entre os soños do tempo. A figura acada cada instante, cada pensamento que vai e vén polos camiños do silencio. Haberá silencios con sombra e silencios nos que a curva da ansiedade se abrirá para alcanzar algo así coma o ceo. Coma o sétimo ceo.
Coa figura houbo, á forza, unha noite en branco e, logo, o amencer vestiu de luz a realidade de certas sensacións e o acomodo de certos momentos. Volveu a súa sombra e volveu o degoiro de alcanzar a eternidade. Nos seus bambáns tremen as pulsacións, rebentan os silencios e berran os desexos. A figura sorrí... de momento.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES