Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Proer e rañar onde non pica

lunes, 19 de febrero de 2024
Proer e raar onde non pica Por unha banda, dóeme escribir este Recuncho Hebdomadario en sábado, por aquilo de que aínda quedan máis de 24 horas para saber o resultado das eleccións galegas, mentres que no momento en que estades a ler tal espazo, xa todo está resolto ou practicamente resolto (dependendo de se hai pactos, o que significaría que non habería maioría absoluta). Por outra, case me alegro de que teña que ser así, o de escribir en sábado, e sen saber nada. Se soubera máis seguro que esbardallase dunha maneira ou doutra, segundo os resultados electorais. Eu mesmo recoñezo que non é nada bo escribir en quente. Así é que, mellor esperar ó próximo luns. Ou case deixar pasar todo o barullo; seguro que cansaremos de ler artigos, opinións, retratos, críticas e demais ruxerruxes sobre tales eleccións. E, politicamente falando, sei que son un cero á esquerda; aínda que tamén teño opinións e orgullo.

Non sabendo entón que dicir sobre resultados aínda inexistentes, non queda outra que esbardallar, baduar ou latricar sobre outros asuntos. Por exemplo, dese Entroido que nos deixou e que nos últimos días o fixo cunha soberana (e, para min, estúpida polémica): a desas nenas que desfilaron por Torrevieja vestidas con medias e ligas, e dicir (e segundo outros), con lencería erótica. As críticas caeron a esgalla porque, ás veces, queremos ter unha moralidade tan elevada que pecamos de parvos, de paiolos, de panocos; que non sabemos distinguir un Entroido dunha Semana Santa. O Entroido é precisamente iso: burlas, escarnios, mofas, ludibrios; sen ter en conta idades, razas, sexo, mentalidades e demais trangalladas. Xa sei que a algúns lles gustaría volver ó país da pandeireta e de misa diaria. Próelles tanto a moralidade que mesmo se rañan onde non lles pica.

A quen non lles proe nin se rañan son os Estados Unidos de América, que non hai quen lles rosme en cuestións internacionais, mentres que nas cuestións nacionais e a Putin ó que non se lle pode subir ninguén á chepa. O que o faga, o Vladimir non tarda en mandalo ó país de irás e non volverás, ou sexa, ó de máis alá. Como acaba de facer co opositor Alexéi Navalni e como se desconfía que fixo con varios políticos máis e incluso activistas e defensores dos dereitos humanos. A ver quen lle tose.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES