Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mato, meu irmán maior

miércoles, 14 de febrero de 2024
Non teño irmáns, pero coido ter idea cabal do que significan na vida de calquera persoa. E cando onte me preguntaron que era para min Xesús Mato dixen que era como meu irmán maior.
Mato, meu irmán maior
Non digo "irmán máis vello", porque Mato nunca foi vello, nin aos 91 anos, porque tiña esa viveza moza, esa picardía natural, esa inocencia consciente, esa grandeza incontible. E hoxe teño que despedir ao irmán; irmán non por vínculo familiar, si por identidade humana, polo que me ten ensinado sen palabras; pola amizade, polo exemplo, polo amor á terra e á xente... polos cincuenta e cinco anos de identidade amiga. Irmán compartido con centos, milleiros, de beneficiados polo seu ser e facer.

Vímonos por última vez o domingo pola mañá que, sen poder falar, estaba especialmente expresivo. Ángel, o sobriño que o acompañaba, díxome que pola mañá dixera misa por señas e entón, ao despedirme, díxenlle: "xa que misaches, agora que me vou de viaxe, ben me podes dar a bendición". Bendeciume sorrindo baixo a mascariña que lle facilitaba a respiración.

Era un varón santo que cando se lle mencionaba calquera acción que tiña realizado no campo da cultura, do social, da música, dos "minus" que el transformou en "válidos", tiña unha sóa resposta: É porque son cura, e a un cura nada humano lle pode ser alleo.

Entregounos a vida a todos, estivo ao dispor de todos. Ensinounos a camiñar pola vida, mirando ao futuro, transformando o presente. Quedamos orfos, pero non hai quen nos quite o vivido con el. Dise que quen sofre a perda dun membro sente, ás veces, a dor nese membro. A min, que non tiven irmáns físicos, dóeme ese irmán maior que sempre botarei en falta.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES