Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mato

miércoles, 14 de febrero de 2024
Meu amigo:
Nesta despedida latéxanme todas as emocións coas que sempre invadiches a quen tivo a sorte de estar preto de ti. Lembro o día que te coñecín, foi na homenaxe de Olga, en Portomarín. Vinte e cavilei en como achegarme a ti. Non me acheguei porque foi o teu amor máis rápido e cercoume no recordo "dun neno de Auxilia".

Dende aquel día moitas cousas pasaron. Para min unha das primeiras foi que nunca te puiden tratar de vostede. Impedíamo a túa proximidade, o teu agarimo, o teu corazón e o teu ser solidario e loitador.

Despois seguímonos vendo como militantes da mesma tribo. A miúdo soñando o mesmo soño. Un soño difícil pero que sabemos tecer entre fíos de verbas e apertas. Lémbrote nos peores momentos berrándome forza cunha mirada e un sorriso.

Obrigado pola vida. Por todo o ronsel de loita que nos deixas. Non ficas, ves con nós! e aínda que hoxe vaia frío nos montes e non soe a gaita na romaría, o futuro agromará e asubiará o teu nome nun abrente ceibe no que cada persoa se erga nos teus azos.
Boa viaxe, dálle da miña parte unha aperta a Sariña cando chegues (ben sabes que para min era especial) e a gozar da eternidade que, aquí, obra deixas abondo.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES