Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (5)

martes, 13 de febrero de 2024
II. Parroquia: Bande, San Pedro de.
1. Cruceiro do Couto.
Coordenadas U.T.M. X: 630.841 Y: 4.747.871
Orientación: W-Leste.


Foi promovido polo alcalde socialista Eladio Capón. Está situado no lugar de Couto, ao que se accede por unha estrada local, que parte da LU-621. Este cruceiro realizouno o canteiro José López López, da "Casa de Subquinta", lugar de Vizcaia, parroquia de Muro (1). Esta manifestación artística, amosa unha serie de elementos artísticos, que nunha orde ascendente están dispostos do seguinte xeito: Unha plataforma granítica, de tres Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (5)chanzos, que serve de apoio a un plinto de cantería, que resalta no conxunto da expresión artística, e cuxa finalidade foi adaptar -por parte do canteiro executor- o pozo existente no lugar do Couto ao cruceiro. O plinto está formado por tres pezas: a inferior, que é amáis relevante, amosa unha forma prismática cuadrangular, que serve de sostén a dúas pezas poliédricas nas que sobresae a súa anchura e lonxitude sobre a altura; a peza inferior mostra unha molduración convexa, a xeito de "cuarto bocel"; e a superior, presenta unha forma paralelepípeda. O plinto serve de soporte a unha base de forma paralelepipeda que presenta un rebaixe cuadrangular nas súas catro caras. Por riba da base, o cruceiro alónrgase nun fuste monolítico de sección cuadrangular nos extremos e cunhas acanaladuras nas catro caras do varal e nas súas arestas. O fuste actúa de sostén dun capitel clásico, no que sobresaen molduras de tipo fileteado, convexa (cuarto bocel e bocel), e cóncava-convexa; ademais, o capitel amosa volutas nos vértices superiores das arestas e unha cabeza de anxo en cada unha das súas. Como remate, unha cruz latina, de sección cuadrangular no seu conxunto, que amosa tamén un tipo de cruz florenzada nos extremos dos brazos e da cabeceira; no centro da cruz florenzada un pequeno obxecto ornamental de forma circular. O anverso da cruz mostra baixo unha cartela, na que pode lerse INRI, unha efixie cristolóxica cos seguintes trazos: unha coroa de espiñas na cabeza, situada nunha posición frontal; os cabelos e costelas moi resaltados; as súas mans aparecen abertas e os seus brazos están estendidos ao longo da cruz, formando unha lixeira "V"; o perizoma está anoado ao lado esquerdo; e as pernas lixeiramente flexionadas amosan o pé dereito sobre o esquerdo e ambos os dous sobre un supedáneo. O reverso amosa unha imaxe mariana moi rústica nunha actitude orante e, que amosa un manto sobre a súa cabeza.

2. CRUCES DO CEMITERIO.
COORDENADAS U.T.M. X: 631.044 Y: 4.748.192.

Por riba do muro, que delimita o adro-cemiterio do exterior, hai tres cruces, que posiblemente teñan un sentido funerario, xa que por baixo delas encóntranse diferentes tumbas. Trátase de cruces prismáticas octogonais en ambos os dous brazos, que se apoia nunha dobre base tamén prismática octogonal, unida por unha serie de molduras cóncavas con tenues acanalamentos.
Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (5)
III. Parroquia: Carracedo, San Vicente de.

1. Cruceiro de Carracedo.

COORDENADAS U.T.M. X: 633. 699 Y: 4.746.497.
ORIENTACIÓN: NE-SW.


Esta manifestación popular, de dominio público, está situada na intersección das estradas CP-2703 e a LU-622; e, tamén, preto das antigas escolas de Carracedo. Este cruceiro realizouno o canteiro José López López, da "Casa de Subquinta", lugar de Vizcaia, parroquia de Muro (2).

Este cruceiro amosa unha serie de elementos artísticos, que nunha orde ascendente están dispostos do seguinte xeito: Plataforma, base, fuste ou varal, capitel e cruz.

Estes elementos son moi semellantes na súa análise aos do "Cruceiro do Centro Público Integrado 'Ramón Piñeiro'" de a Poboa de San Xiao.

NOTAS:
1. Este canteiro dirixou as "Escolas taller", que se levaron a cabo neste municipio no primeiro lustro dos noventa do século pasado. Os seus integrantes cooperaron na realización de diferentes cruceiros construídos no devandito lustro.
2. Este canteiro dirixou as "Escolas taller", que se levaron a cabo neste municipio no primeiro lustro dos noventa do século pasado. Os seus integrantes cooperaron na realización de diferentes cruceiros construídos no devandito lustro. Así, Manuel Leirado López, natural de Carracedo, construíu a base deste cruceiro e axudou a colocalo.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES