Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 13 de febrero de 2024
Chove sobre o poema ferido

As pingas de auga mollan as veas abertas do verso que se escapou do poema. Hai versos soltos, revirados, mesmo tortos que se escapan dalgún que outro poema e deixan a poesía medio coxa, medio renga. A poesía é o sentimento que sae nos momentos de silencio. Todos queremos ser poetas, porque todos temos sentimentos. Pero non todos valemos para parir versos sobre sensacións que están aí, camufladas dentro dun.
Pingas de Orballo Hai pingas de auga porque ós cachos chove. Acabará chovendo ben. Ata creo que choverá sobre conciencias inertes ou pasivas e sobre feixes de palabras que será difícil que formen aquel poema por culpa do verso solto. Chove sobre o algoritmo dos meus pensamentos. A ver como resolvo, como seco ou enxugo agora o asunto. Non é fácil facer unha escolma nin tampouco un catálogo sobre os pensamentos.
Para que as pingas de auga non caian sobre a miña cabeza, refúxiome, acubillo baixo un balcón no que a señardade ou a felicidade ou a esperanza se apoia sobre a varanda. Agora xa non chove. Como moito, caen pingas de suor da ansia que produce agatuñar ata ese mesmo balcón para abrazar e bicar esa felicidade que asoma.
As pingas de auga mollan as arroutadas que se cometen por un anhelo que fai tremer un espírito que semellaba durmido. Está máis esperto ca nunca. Está co apetito, coa ilusión de alcanzar a éxtase dun acaneadoiro nocturno, dun bambán sobre un leito de flores ou de follas de millo. Hai desexos que pingan sobre un ventre liso. Chove sobre a figura xeométrica que forman dous corpos espidos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES